140907barbanha01
O río Barbaña ao seu paso pola cidade de Ourense volve a sufrir un novo vertido continuado de augas residuais que están a afectar gravemente ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.

Amigos da Terra ven de denunciar os verquidos de augas residuais no Barbaña na cidade de Ourense ao carón do Parque de Avilés de Taramancos, que se estiveron a producir durante toda a mañá de hoxe domingo día 7 de setembro na que corrían as augas do río Barbaña contaminadas por un regueiro de augas residuais. Os vertidos eran apreciables e entendéndose augas abaixo ata a desembocadura no rio Miño ao carón da Ponte do Milenium, onde tamén estábanse a producir vertidos de augas residuais na marxe esquerda no río Barbaña, na parte final da desembocadura ao carón da Avenida da Ribeira Sacra.

Estes vertidos véñense producindo de xeito continuado ao longo de todo o ano, xa que non é a primeira vez que ocorren estes feitos, e son habituais cando chegan as épocas de chuvias e que xa foran denunciados en repetidas ocasións por Amigos da Terra.

140907barbanha02

A orixe de ditos vertidos vai ser denunciada outra vez denunciada ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que realice as inspeccións correspondentes por parte da administración, e solicitando información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que está sendo sometidos os ríos e a imposición das sancións que correspondan.

Ase mesmo dende Amigos da Terra preguntase se a estación de bombeo de O Conto está funcionando correctamente e a plena capacidade despois da súa inauguración no mes de setembro do ano 2011, xa que cada vez que veñen unhas canta choivas tanto a rede de saneamento coma e a estación de bombeo vense desbordadas e inoperativas.

Pódense ver máis fotos aqui >>>