sanpedroderocas covas ribeira sacra02
Amigos da Terra denuncia a corta de decenas de árbores na estrada OU-512, estrada da Deputación de Ourense. Nun treito de 3,5 quilómetros entre Covas e o cruce da estrada de San Pedro de Rocas (Concello do Pereiro de Aguiar-Ribeira Sacra) foron cortados árbores de distintas especies e de gran diámetro.

As especies taladas así como as podas abusivas realizáronse en decenas de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiros, salgueiros) sendo varias das árbores eliminadas de gran diámetro, algunha con máis dun metro de grosor.

Estas árbores compuñan un túnel vexetal de interese paisaxístico e etnográfico a carón dun dos monumentos máis importantes da Ribeira Sacra o Mosteiro de San Pedro de Rocas.

sanpedroderocas covas ribeira sacra04

Para Amigos da Terra é unha actuación inxustificada posto que non sirve para a prevención de incendios forestais, tampouco se mellora a seguridade vial nin as árbores supoñen ningún tipo de estorbo. Posiblemente a única xustificación sexa que por esta estrada pase a “Volta Ciclista a España” e dende o organismo provincial vexan axeitado que poidan quitarse imaxes aéreas do paso dos ciclistas por este pequeno treito. E bo lembrar que noutros países as árbores forman parte do patrimonio colectivo e que se coida e se protexe o patrimonio arbóreo.

sanpedroderocas covas ribeira sacra01

Aconsellamos aos nosos xestores políticos que observen as imaxes do “Giro de Italia” ou do “Tour de Francia” onde ás arbores estando ao longo das estradas de cidades e pobos polas que atravesan, e nas zonas forestais pasan por auténticos túneles vexetais arbóreos.

Esta actuación en plena Ribeira Sacra contradícese coa promoción da mesma como patrimonio da humanidade a declarar pola UNESCO,  é unha demostración da falla de sensibilidade e destrución do noso rico patrimonio natural.

Pódense ver máis fotos aquí >>>