luisin coles 141005
Amigos da Terra, ven de presentar denuncias ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, ante a Policía Autonómica e ante o Seprona polos vertidos producidos no regato de Luisin no Concello de Coles, orixinados presuntamente por un desbordamento dunha fosa septica.

Producíronse vertidos de lodos, augas fecais e materia orgánica que afectaban tanto á calidade das augas, como á fauna piscícola, coa destrución paulatina dos ecosistemas fluviais que acollen este río.

Ase mesmo, tamén temos que lembrar que nos pasados anos 2012 e en xullo de 2013, producíanse a mesma situación e pola cal a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, xa abrira un expediente sancionador ao Concello de Coles por ditos vertidos non autorizados.

luisin coles 141005b

Dende Amigos da Terra demandamos das administracións, que impoñan as correspondentes sancións pola falta de dilixencia dos infractores à quenes lle corresponde executar as medidas necesarias que eviten a deterioración do medio ambiente e se obrigue a repor o medio ambiente ao seu estado orixinario.