Food IncAmigos da Terra continúa o seu traballo a prol da soberanía alimentaria, dando comezo a un novo proxecto, apoiado pola Xunta de Galicia. “Aplicación do enfoque de soberanía alimentaria e consumo sustentable na educación para o desenvolvemento en Galicia” é un proxecto que pretende profundar nos impactos do actual sistema alimentario global, e facilitar alternativas sustentables en eidos educativos formais e informais.

Entre as iniciativas programadas inclúese a posta en marcha dunha horta comunitaria en Vigo; un programa escolar; formación para profesorado e divulgación de materiais e informes sobre o actual sistema alimentario, co obxectivo de dar a coñecer as consecuencias ambientais, sociais e económicas que ten, especialmente para os países so Sur empobrecido.

Para tratar algunas destas temáticas, achegámosvos hoxe o documental “FOOD INC, que analiza a produción insutrial de alimentos en Estados Unidos. Subvencións aos cultivos de grans básicos para producir alimentos procesados baratos e pouco saudables; engorde de animais para consumo de carne, ou acordos para que grandes compañías como Monsanto poidan patentar sementes e controlar o alimento dende a terra ata o supermercado, poñen de relevo o poder das grandes compañías alimentarias e os impactos do sistema.

En definitiva, a agricultura industrial é altamente dependente do combustible, centrada en cada vez menos variedades de cultivos e en concentrada en moi poucas mans que, ademais, exporta os seus alimentos a todo o mundo, provocando que os labregos dos países empobrecidos, sen cultivos subvencionados, non poidan facer fronte aos baixos prezos dos alimentos cos que compiten, poñendo en perigo a súa capacidade para producir alimentos para o seu consumo e para os mercados locais.