tomate manoDentro das Xornadas Sementando Soberanía Alimentaria para o cambio, que organiza Amigos da Terra a nivel Estatal nos diferentes grupos locais, vimos a organizar diferentes charlas para informar sobre como nos alimentamos e cal é a situación actual da nosa agricultura e alimentación, e ademais de dar a coñecer as alternativas que xa están en marcha para alimentarnos de forma local.

Amigos da Terra Galicia organiza unha conversa coloquio con Gustavo Duch titulada “Agriculturas campesiñas para cambiar sociedades” que terá lugar o vindeiro venres 21 de novembro na cidade de Vigo, na Casa Galega da Cultura ( Praza da Princesa nº 2) ás 19 horas.

Gustavo Duch é escritor, veterinario, investigador e director da revista Soberanía Alimentaria, e o seu mas recente libro publicado é “Non imos tragar” . Gran defensor da cultura rural tradicional, a agricultura familiar e os dereitos das persoas que cultivan a terra.

Tamén ven colaborando con movementos como a Plataforma Rural e a Vía Campesiña, e campañas relacionadas coa loita pola soberanía alimentaria, como “No te comes el Mundo” ou “Somos lo que sembramos”.

cartel xornadas gustavo400 duch copy