tarxeta nadal 2014 500Hai quen di que o Nadal é un tempo de hiperconsumismo no que temos que mercar, mercar e mercar. É máis que posible que así sexa, pero por moito que nos empurren, a decisión é nosa: se nos queremos deixar arrastar por esta marea materialista ou se pola contra queremos vivir este tempo de celebración doutro xeito.

Ben, pois aquí tendes algunhas alternativas nas que o noso grupo de voluntarios europeos estiveron a traballar estes días.

Non hai necesidade de mercar unha árbore natural, que ao rematar as festas pasará a  converterse nun residuo, nin unha árbore de plástico, que non hai que olvidar que deriva do petróleo.

Nos plantexámoste algo moito máis sinxelo, económico e ecolóxico ¿Coñeces a árbore de Nadal sostible? Aquí está! Presentámola no seguinte video. Feita enteiramente de libros que calquera ten en casa!

Outra dubida pode xurdirnos á hora de decorar a nosa árbore, ou outros recunchos da casa. Que tal se en vez de mercar as tipicas trangalladas, de escasa vida útil que hai nas tendas de produtos baratos, poñemos algo da nosa parte e colocamos adornos feitos por nos mesmos? Pode ser tamén un xeito de facer unha actividade entretida cos máis pequenos da casa.

Aquí te deixamos un exemplo de estrelas de Nadal, feitas cos rolos de papel hixiénico gastado. E porque non colorealas tamén?

E xa chegados a este punto estaredes pensado que facer cos agasallos de Nadal e pensando “Non podo presentarme na casa en Nadal coas mans valeiras!”

A verdade é que se está a perder o senso simbólico do agasallo como algo a compartir e non necesariemente como algo que se ten que usar. Nos aconsellamos empregar a imaxinación para facer un presente máis orixinal, aproveitando as vosas cualidades e talentos que a bo seguro son apreciados entre familiares e amigos. Por que non compartir un paseo nunha paraxe suxerente ou romántica? Por que non, cunha clase de baile  ou unha cea intima? Unha masaxe tal vez? O tempo compartido pode ser o presente máis desexado e apreciado.

Todo isto é divertido e pode facerse en familia ou coas amizades. . Axudarías a reducir o consumo e a túa pegada ecolóxica, e por suposto conseguirás unha maior satisfacción porque é algo que fas co corazón.

Lembra que celebrar non é mercar e que con iniciativas como esta podemos desexarvos un Bo Nadal …. da baixo consumo!