20150311 acolchado EEI Monte Guia
Este mércores a nosa compañeira Belén Fervenza acompañou aos pequenos da escola infantil Monte da Guía en novas actividades de horta. Desta vez os pequenos e pequenas recolleron follas para acolchar os bancais e para compostar, reutilizando así recursos naturais do entorno que serán de gran utilidade para a súa horta.

 

Ademáis, Belén acondicionou a base das árbores frutais do cole, que se aproveitarán tamén como espazo de cultivo, e planificou coa directora qué plantar proximamente en cada bancal e cómo organizar os bancais por familias para facilitar no futuro as rotacións. Un día máis de aprendizaxe e de traballo colaborativo que fai que todos os membros da escola aprendan e fagan súa a horta