logo ttipsecret caballo troya GO uso de hormonas para tratar a carne – incluíndo estróxeno, proxesterona, testosterona e os seus derivados sintéticos – está permitido en EE.UU. dende a década dos 50. Non obstante, a UE prohibiu a súa venda xa no ano 1981, e en 2003 reafirmou a súa decisión, ao facerse públicos os impactos deste tratamento sobre a saúde pública.

Tras publicarse varios estudos científicos nos que se demostraba que comer carne tratada con hormonas presentaba graves riscos de padecer cancro, problemas endócrinos, de desenvolvemento, inmunolóxicos e neurobiológicos, especialmente para os nenos e nenas, a UE recoñeceu que “o uso de hormonas como promotores do crecemento no gando representaba un grave risco para a saúde dos consumidores”.

A pesar desta afirmación, non hai lugar a dúbidas de que, nas negociacións do TTIP, se está a debater a súa posible introdución no mercado europeo. Recordemos que o goberno estadounidense, co respaldo das grandes empresas do sector alimentario, lanzou en 1996 un litixio comercial internacional cara aos vetos e prohibicións da UE, polo que se trata dun obxectivo que levan anos tratando de alcanzar.

A American Farm Bureau Federation, lobbie do sector alimentario, xa confirmou que “todas as barreiras á exportación da carne producida en Estados Unidos […] son as principais áreas de interese” nas negociacións do TTIP; á súa vez o secretario de Agricultura dos EE.UU., Tom Vilsack, sinalou que “aínda seguen abertas as conversacións e debates relativas á carne de vacún”.

TTIP Postcard - Beef CaptionGalician-Galego

Nesta liña, a UE está a propoñer debilitar os controis de calidade e seguridade na carne e os alimentos de importación, así como encamiñarnos á harmonización das normativas a ambos os dous lados do Atlántico, sendo as de EUA, polo xeral, menos estritas. Se finalmente o TTIP fose aprobado, sería moi difícil lexislar para limitar ou prohibir prácticas que atentasen contra a nosa saúde, polo que tanto a tenreira coma os produtos lácteos derivados do gañado tratado con hormonas poderían rematar nos nosos pratos.