logo ttipsecret caballo troya GNos EE.UU é habitual lavar ou somerxer en cloro polos, pavos, porcos e outros tipos de carne. Suponse que estes chamados “tratamentos de redución de patóxenos”, como o cloro ou o ácido, serven para reducir bacterias prexudiciais, non obstante este tipo de desinfectantes permite disimular calquera contaminación ou enfermidade que sufrise a carne, é xusto por esta razón polo que está prohibido en Europa.

Na UE, as normativas de hixiene e precaución de enfermidades téñense en conta ao longo de toda a cadea alimentaria, mentres nos EE.UU., a carne se desinfecta ao final do proceso, enmascarando posibles enfermidades do gando.

Xa en 1997 a UE prohibiu a maioría destas prácticas (permitindo só enxaugar a carne con auga). Esta visión de prevención garante un nivel bastante alto de hixiene en todas as etapas da produción de alimentos, mantendo o enfoque “do terreo ao prato”.

A UE xa anunciou que non vai ceder á presión de Estados Unidos nas negociacións comerciais sobre estas normativas. Paradoxalmente, a Comisión Europea xa intentou en varias ocasións rebaixar os estándares alimentarios co fin de autorizar este tipo de prácticas. Pero ademais, a día de hoxe, están a centrarse en aprobar o acido peracético como primeiro desinfectante de carne aceptado na UE, un ácido que pode ser altamente corrosivo.

TTIP Postcard - Chicken CaptionGalician-Galego

Os tratamentos de desinfección utilizados nos EE.UU. son máis prexudiciais para os consumidores. As prácticas que se seguen agora mesmo na Unión Europea son máis efectivas para protexer á cidadanía e aos traballadores de enfermidades como a salmonelose.