logo ttipsecret caballo troya GA ractopamina é un fármaco que se usa como aditivo alimentario para promover o crecemento da masa muscular en porcos, vacas e pavos. Debido ao perigo deste tratamento para a saúde, na UE está prohibido desde 1996, en cambio, en EEUU aliméntase con ractopamina ao 80% dos porcos. A propia Axencia Europea de Seguridade Alimentaria asegura que non se pode pór en risco a alimentación, e moito menos situar os intereses da agroindustria por encima do interese xeral. Unha aseveración que formaría parte do principio de precaución, un dos alicerces da UE á hora de lexislar.

Ademais de representar un perigo para a saúde humana, a ractopamina tamén pode afectar os animais; causando tensión, hiperactividade, tremores, e mesmo a morte. Por estes motivos está prohibida en máis de 160 países de todo o mundo.

Con todo, as multinacionais estadounidenses da alimentación “seguirán presionando nas negociacións do TTIP para que se levante o veto e conseguir así a introdución de alimentos con ractopamina”. Aínda por riba, o goberno de Estados Unidos cualificou esta prohibición como unha barreira ao comercio que “carece de xustificación científica e expón un gran obstáculo para as exportacións estadounidenses de carne porcina”.

Nesta liña, o goberno de EEUU mantén que seguirá presionando para rebaixar os estándares internacionais respecto dos niveis de ractopamina na carne. Lamentablemente, a posición da UE no TTIP tamén se centra en debilitar estas normas.

Está claro que a pesar das afirmacións dos nosos representantes políticos, o TTIP negóciase sen contemplar os nosos estándares de seguridade, a protección do medio ambiente e a produción local de alimentos. A introdución masiva de alimentos transxénicos, así como outros produtos industriais (carne con hormonas, pito clorado, etc.), non son sustentables, o que se traduce nun grave risco para as granxas a pequena escala, para o dereito a decidir das persoas consumidoras e para a nosa saúde e a do medio ambiente.

TTIP Postcard - Sausages CaptionGalician-Galego

Desde Amigos da Terra estamos a traballar xunto a outras organizacións de diferentes países para impulsar un sistema alimentario san e xusto coa contorna, que sitúe ás persoas por encima dos beneficios económicos, e garanta un acceso equitativo á alimentación. Non imos permitir que o TTIP abra as portas a máis explotacións alimentarias industriais, nin aos transxénicos.

E ti? Únete para frealo: asina para dicir Non ao Tratado de Troia!