O 17 de Maio celebrábase o día da reciclaxe, deixando atrás unha vez máis,a redución e a preparación para a reutilización.
Ao longo do día de onte, Día Mundial da Reciclaxe, comunicáronse historias de éxito de reciclaxe de residuos, que non concordan cos datos oficiais, deixando ver o déficit existente na xestión de residuos.

Á súa vez, de novo demóstrase que o modelo céntrase na práctica da reciclaxe en lugar de respectar a Xerarquía Europea de residuos que prioriza a redución seguida da reutilización, unha máxima que reivindica Amigos da Terra.

Sen poñer en dúbida a gran relevancia da reciclaxe é necesario construír unha pirámide real nos sistemas de xestión de residuos, priorizando a primeira opción, a redución, e en segundo lugar a reutilización. A reciclaxe ocupa o terceiro lugar, con todo é a elección prioritaria no marco dos obxectivos vinculantes e os orzamentos de todas as planificacions e normativas, ademais de desempeñar un papel crave nas campañas de comunicación nas que interveñen as administracións públicas.

Amigos da Terra reclama unha xestión onde a redución e a reutilización sexan as ferramentas crave para tratar os residuos e un sistema de reciclaxe transparente, fiable e eficaz. Os resultados mostran que as iniciativas de reciclaxe non están sendo efectivas e moito menos transparentes, xa que as cifras bailan en función da fonte.

Segundo Eurostat, o Estado Español alcanzou un escaso 20% de reciclaxe e un 10% de compostaxe en 2015, cifras que non deixan nun bo lugar ao Estado Español.

Un modelo que garanta unha xestión de residuos eficaz debe basearse en datos transparentes, trazables, comparables e elaborados polas administracións públicas. Un exemplo da falta de confianza nas cifras é o caso dos envases, onde os envasadores, responsables de asumir as cantidades, o custo e a calidade da reciclaxe dos seus envases, son os que calculan e comunican as porcentaxes alcanzadas, sendo auditadas únicamente as súas facturas, e non as súas plantas de xestión.

Malia a teórica priorización das tres Rs, a reutilización está moi por baixo das porcentaxes da reciclaxe. No Estado só quedan sistemas de reutilización industriais nalgúns envases de bebida para a canle HORECA (Hostelería, Restaurantes e Cafeterías), e malia a súa importancia trátase dun sistema en recesión, que diminuíu a cota de envases reutilizables un 40% nos últimos 6 anos. Moitos responsables do sector consideran, de forma errónea, a reutilización como unha manualidade caseira. É necesario reforzar estes sistemas de xestión, non só para hostelería, senón a nivel comercial e en todos os sectores. A industria debe comprometerse e aproveitar as vantaxes que ofrecen os sistemas de reutilización.

A preparación para a reutilización ofrece grandes vantaxes ambientais, entre as que destaca o aforro de recursos naturais, auga e enerxía, a creación de empregos locais e de calidade, a redución de transporte, así como as oportunidades para pequenas empresas.

Os residuos con máis potencial de reutilización son os envases, os residuos eléctricos e electrónicos (para os que xa se estableceu unha pequena porcentaxe no último Real Decreto), os textiles e os mobles. As autoridades deben establecer porcentaxes separadas de preparación para a reutilización e poñer en marcha as actuacións necesarias para a súa recuperación, como o establecemento de sistemas de recolleita de residuos que permitan a reutilización.

Amigos da Terra solicita a aposta firme dos sectores responsables da xestión dos residuos para que se aplique a Xerarquía Europea dos residuos.