2015 Ano Internacional Solos FAO

O 2015, foi declarado pola FAO como o Ano Internacional dos Solos. Co obxectivo de fomentar a súa proteción e conservación, científicos e expertos de todo o mundo participan na elaboración de recursos e materiais informativos e na organización de eventos internacionais nos que falar acerca da principais problemáticas que afectan á preservación deste valioso recurso natural.

Os solos constitúen a base para a produción de alimentos saudables e son elemento clave para garantir a seguridade alimentaria e preservar a biodiversidade do planeta, xa que albergan una cuarta parte da mesma. Ademais xogan un papel fundamental na loita ou mitigación do cambio climático, debido a que almacenan e filtran a auga, mellorando a nosa resiliencia fronte a secas e inundacións; e a que actúan como sumideiros das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Os solos non son un recurso renovable, xa que o seu ritmo de renovación natural (1 centrímetro de solo pode tardar en producirse 1000 anos) é inferior ao ritmo de consumo humano. Ademais, a presión humana sobre os solos é moi elevada, provocando que, actualmente, preto dun 33% dos solos, segundo datos de algúns estudios, se enfronten a unha degradación entre moderada e grave, comprometendo a capacidade de satisfacer necesidades futuras. Por todo elo, é preciso concienciar acerca da importancia deste recurso e promover actuacións globais e coordinadas para garantir a súa preservación e xestión sustentable.