arton2206Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, SEO/BirdLife e WWF piden á cidadanía que apoie a defensa das directivas da natureza.

Unhas 300.000 persoas mandaron xa unha mensaxe clara á Comisión Europea para que asegure que se manteñan estas directivas nos países da UE.

Máis de 60% das poboacións de animais de toda Europa ven ameazadas. O posible cambio de as directivas que pretende levar a cabo a Comisión Europea agravaría esta situación de emerxencia. Este cambio nas directivas de Aves e de Hábitats ameazaría o seu futuro e o dos espazos onde viven. Para evitalo, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, SEO/BirdLife e WWF están a desenvolver a súa campaña europea ‘Revive a túa natureza’ na que piden aos cidadáns que asinen unha petición online para que a Comisión Europea non modifique as leis europeas de conservación da natureza.

As organizacións ambientais lanzan un orixinal vídeo, no que os protagonistas son os animais, un lobo nos bosques de Alemaña, unha tartaruga boba nas costas de Grecia e un oso pardo nos bosques de Rumania aparecen, entre outras especies, dando a voz de alarma. Os grupos ecoloxistas consideran fundamental alertar á cidadanía sobre os impactos, que ocasionaría modificar a lexislación, para os ecosistemas e as especies que os habitan. Por este motivo o vídeo busca dar voz á natureza e animar á poboación europea a pronunciarse na consulta pública: ‘Revive a túa natureza’.

A actividade humana xa está a afectar a moitas zonas de Europa, o que se traduce en perda de hábitats e das especies que os habitan. En concreto, segundo a propia Comisión Europea, o 60% das poboacións de animais clave e o 77% dos seus hábitats están en perigo de extinción en Europa e necesitan unha protección xurídica especial. Agora as especies sofren unha nova ameaza: un posible cambio nas directivas que as protexen.

Por iso, a ONG uníronse para pedir á sociedade que digan á Comisión Europea que non malgaste o tempo modificando estas leis tan necesarias e que dedique todos os seus esforzos para asegurar que as administracións dos países apliquen as directivas correctamente.

En pouco máis dun mes, nunha demostración de apoio ás directivas actuais sen precedentes, case 300.000 europeos uníronse xa á petición de Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, SEO/BirdLife e WWF para pedir aos políticos que defendan as leis que protexen a natureza (as directivas Aves e Hábitats). Ao manter esta lexislación, estes animais e moitos outros poderán seguir protexidos agora e no futuro.