150925 COP21

Amigos da Terra vai organizar unha expedición de activistas para participar nas mobilizacións da COP21 en París. Poucas veces temos unha oportunidade como esta para participar nunha mobilización onde estarán presentes multitude de organizacións sociais procedentes de todo o mundo. Ademais terás a posibilidade de participar nas distintas actividades programadas no marco da COP 21 tales como obradoiros, charlas, debates, mobilizacións, etc.

A principios de decembro vaise a celebrar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, a Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015, coñecida como COP 21 ou París 2015. Trátase dunha data crucial, xa que debe desembocar nun novo acordo internacional sobre o clima aplicable a todos os países.

A través do proxecto europeo, Escola de Sustentabilidade, impulsado e coordinado por Amigos de la Tierra Europa co apoio da Dirección Xeral de Cooperación Internacional e ao Desenvolvemento da Unión Europea (EuropeAid), queremos levar a canta xente sexa posible, principalmente das nosas bases de socias/os, voluntarias/os e activistas, as cales se lle costeará parte da viaxe. Sen embargo tamén queremos convidar a todas as organizacións interesadas a compartir este viaxe con nós. Así mesmo, tamén nos gustaría contar ca participación de persoas ou colectivos que sexan vítimas máis directas do Cambio Climático (mariscadores, agricultores, etc).

cop clima

En principio, esta mobilización consumirá 4 días, desde o xoves 10 ao domingo 13 de decembro incluído o tempo de viaxe. Unha das posibilidades que estamos a estudar é fretar un tren dende Baiona (Francia).

Aínda que é pronto para coñecer detalles importantes para a planificación da viaxe (custo viaxe, posibilidades de financiamento, que tipo de aloxamento, etc) gustaríanos saber cantas persoas estarían interesadas en asistir para poder completar a loxística e os custos.

Polo tanto se ti eres unha desas persoas que está interesada en acompañar a Amigos da Terra a París, ponte en contacto con nós voluntariado.galicia@amigosdaterra.net.