Cartel Agricultura Ecoloxica UVigo vreducida
Amigos da Terra, en colaboración con Oxfam Intermon e a Universidade de Vigo, organiza un curso de Agricultura Ecolóxica. Impartido por Jacobo Ojea, biólogo e labrego ecolóxico con máis de dez anos de experiencia, desenvolverase entre o 6 de outubro e o 1 de decembro no campus Lagoas-Marcoende da Universidade de Vigo. O período de inscrición está aberto ata o próximo 2 de outubro. Consulta nesta páxina toda a información e inscríbete!