poster final1Amigos da Terra en colaboración ca Universidade de Vigo propón dúas sesións formativas no marco do cumio mundial do cambio climático (COP 21) que se celebrará en decembro en París.

A primeira destas formaciónsBuscando o cambio en París. Activismo no cumio mundial do cambio climático” terá lugar este martes 20 de outubro ás 18:30 horas na Facultade de Ciencias do campus ourensán.

Durante esta sesión falarase sobre o concepto de activismo e ecoloxismo ambiental e o presidente de Amigos de la Tierra España, Víctor Barro, contaranos a súa experiencia en outros cumios ou actos reivindicativos. Reflexionarase sobre a actual política sobre cambio climático e as consecuencias e implicacións, tanto no norte como no sur, do novo acordo de limitación de emisións no cumio de Nacións Unidas sobre cambio climático, a COP París 2015.

Tamén traballaremos nunha choiva de ideas de accións de cara a Marcha polo Clima que terá lugar o día 29 de novembro, horas antes de que as/os líderes mundiais cheguen a París para asistir ao cumio climático.

Buscando o cambio en París. Activismo no cumio mundial do cambio climático (COP 21)

     – Data: 20 de outubro

     – Hora: 18:30

     – Lugar: Aula B2 — Facultade de Ciencias (Ourense)

Para poder asistir as charlas será necesario inscribirse no correo electrónico, voluntariado.galicia@amigosdaterra.net.

poster final1


Aqui
tedes máis información sobre a Escola de Sustentabilidade.