0Sofía Marbán Lorenzo, foi unha das activistas de Amigos da Terra que estivo en París na COP21 o pasado mes. Ela mesma nos relata a súa experiencia:

“Saímos desde Galicia rumbo a París para presentar pacíficamente xunto coa sociedade civil organizada, vinda de todos os recunchos do mundo, as demandas dos colectivos e movementos de base que reclamamos un maior compromiso na loita contra o cambio climático ás e aos representantes políticos, reunidos desde o 30 de novembro até o 11 de decembro de 2015 na XXI Conferencia Internacional sobre Cambio Climático.”

ZONA DE ACCIÓN POLO CLIMA

10Nada máis chegar dirixímonos ao Centquatre, un centro cultural convertido durante máis dunha semana nun fervedoiro de ideas e actividades, un espazo de debates e talleres, en fin, de converxencia colectiva, promovida pola Coalición Clima 21, unha plataforma que agrupa a máis de 130 organizacións da sociedade civil que organizou mobilizacións cidadás en París con motivo da COP21.

Tivemos o privilexio de escoitar a Naomi Klein, megáfono dos movementos sociais, intelectual e militante anti-capitalista. No seu último libro“Esto lo cambia todo” apunta ao capitalismo desregulado, reforzado pola globalización, aos tratados de libre comercio e ás grandes corporacións como os responsables directos da crise climática.

“Quitáronnos o micrófono e déronllo ás corporacións“.

LE BOURGET #COP21

Le Bourget é o recinto onde se deron cita as delegacións oficiais e os medios de comunicación. O espazo dedicado á sociedade civil foi bautizado como Espazo Xeración Clima, ao que se podía acceder sen acreditación, non como ao resto dos recintos oficiais de negociación multilateral. O noso equipo, Amigos da Terra e as compañeiras de Mallorca, tivemos un pequeno contratempo, resolto con diplomacia e savoir faire

GRAN ASEMBLEA INTERNACIONAL

Solidariedade / Grupos de Traballo / Camaradería / Motivación / Internacionalismo / Dinamismo / Compromiso / Creación / Acción / Un gran día!!

ACCIÓN E MANIFESTACIÓN

1. CLIMATE. JUSTICE. PEACE – ACCIÓN DE GEOLOCALIZACIÓN

35Tras un intenso día repleto de boas experiencias e coa enerxía renovada, o sábado 12 de decembro participamos nun mosaico humano de militantes ecoloxistas a través dun sistema de geolocalización. Tras recibir un briefing sobre a acción e sobre da autorización da manifestación Red Lines por parte do Goberno Francés, dispersámonos en pequenos grupos por lugares preestablecidos da cidade para marcar o fin das negociacións e dar visibilidade á determinación dos pobos e comunidades na loita e resistencia contra o cambio climático.

2. 12/12/12:00H – RED LINES (Liñas vermellas)

  • Xunto ao Arco do Triunfo até A Defensa (sede de empresas implicadas no quecemento global) desenvolveuse unha marcha multitudinaria que congregou a miles de ONG e asociacións unidas por unha longa pancarta de tea vermella que se despregou ao longo da avenida Grande Armée por manifestantes vestidos de vermello e agarrando unha flor (en homenaxe ás vítimas presentes e futuras do cambio climático) ou un paraugas da mesma cor.
  • As liñas vermellas representaban as esixencias e compromisos a non traspasar nas negociacións (fin dos combustibles fósiles, reducir e manter a temperatura global ao 1,5ºC, garantías de inclusión e cumprimento dos dereitos sociais, enfoque de xénero, etc.).

26

OUTRO ACORDO É POSIBLE, CAMBIADE O SISTEMA, NON O CLIMA!

ACORDO FINAL E CONCLUSIÓNS

Un acordo histórico: outra oportunidade perdida

  • O contido do acordo é notoriamente insuficiente e inxusto.
  • Total ausencia de medidas, mecanismos, ferramentas, prazos e asignación de fondos concreta por país para frear o cambio climático. Non se menciona data do pico de emisións. Fálase de “cando sexa posible” e a longo prazo, relégase todo para a segunda metade do século XXI.
  • A navegación aérea e o transporte marítimo, responsables de ao redor do 10% das emisións globais, non se contemplan nin mencionan no acordo.
  • A redución de emisiónsnon é obrigatoria senón que depende da vontade de cada país. Fai máis de vinte anos que hai cumes do clima. Desde entón (1992) as emisións non diminuíron senón aumentado, en máis dun 50%. Parece que isto vai seguir sendo así despois de París.
  • A débeda ecolóxicado Norte vai seguir aumentando. O Artigo 52 exclúe expresamente toda “responsabilidade legal (liability) e compensación” tal como ditou a administración Obama en representación do Norte global.

E para rematar: música con conciencia ambiental…

They took all the trees
And put them in a tree museum
Then they charged the people
A dollar and a half just to see ’em
Don’t it always seem to go,
That you don’t know what you’ve got
‘Til it’s gone
They paved paradise
And put up a parking lot

A ÚNICA LOITA QUE SE PERDE É A QUE SE ABANDONA!

Podedes ver máis fotos aquí.