rio directivaCo gallo da conmemoración do 45 aniversario do Convenio Ramsar, Amigos da Terra celebra un ano máis o día dos humidais este vindeiro fin de semana.
Acompañados do naturalista Alberto Rivero Saeta, percorreremos o sábado o
polo Río Loña en Ourense, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño e  o domingo, xunto co Colectivo Matogueira, visitaremos as brañas de Chan da Lagoa, A Groba, Baiona.

O 2 de febreiro de cada ano é o Día Mundial dos Húmidais e nel conmemorase a data na que se adoptou a Convención sobre os Humidais de Ramsar 1971.

O Convenio Mundial RAMSAR de Conservación dos Humidais, do cal España é parte, traballará este ano baixo o lema “Humidais para o noso futuro: Medios de vida sustentables”. Este ano elixiuse este tema para demostrar o papel esencial que desempeñan os humidais para o futuro da humanidade e particularmente a súa relevancia para o logro dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Cabe destacar, que Amigos da Terra é unha das únicas asociacións en Galcia que recolle estes eventos na páxina oficial de RAMSAR.

Os humidais proporcionan á humanidade numerosos servizos imprescindibles para a vida humana e para o equilibrio do Planeta: non só regulan o clima, os ciclos da auga ou, como no caso de Galicia, son unha importante fonte de traballo e de economía sostible, grazas á súa enorme produtividade marisqueira e pesqueira.

No Día Mundial dos Humidais, Amigos da Terra quere recordar a necesidade de promover en Galicia un modelo de desenvolvemento baseado no uso sostible dos nosos valiosos humidais, en vez da destrución destes espazos que, dende os anos 50 do século pasado, provocaron a perda do 60% da súa superficie.

Denuncia

Pero non por ser espazos valiosos e contar cun convenio internacional están a salvo. Precisamente estes días Amigos da Terra, xunto a unha ducia de colectivos máis, denunciamos os danos causados na braña do Campo do Costado, na Serra da Groba, en Baiona. Alí, unhas obras de cultivo forestal están destruíndo esta zona que conta con hábitats de interese comunitario, tendo dous deles coa consideración de “hábitats prioritarios” na norma europea e que acollen especies tan peculiares como como o “mallo” (Narcissus cyclamineus) incluído no ‘Catálogo galego de especies ameazadas’. Reclamamos a restitución do espazo e instamos ás administración que exerza as súas funcións de vixilancia do cumprimento da normativa ambiental e actúe conforme a dereito. 

Actividades

Aínda que o día dos humidais é o día 2 de febreiro, adiantamos os actos de celebración aos días 30 e 31 de xaneiro. Desenvolveremos dúas actividades, nas provincias de Ourense e Pontevedra, coa finalidade de facilitar o achegamento da poboación a estes valiosos espazos e sensibilizar sobre a necesidade e importancia da súa conservación.

Sábado 30 de xaneiro: Roteiro polo Río Loña,  Pereiro de Aguiar. 

En colaboración coa Aula de Natureza do río Miño, do Concello de Ourense, realizaremos unha saída polas ribeiras do Río Loña para o sábado 30 de xaneiro pola mañá.

Dende a Aula de Natureza de Oira sairemos ás 10:00 horas para ir ata o encoro de Cachamuiña onde dará comezo a actividade as 10:30. Quen o prefira pode achegarse directamente a dito punto. Dende aquí iremos de paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Loña guiados polo naturalista e Alberto Rivero, que nos axudará a coñecer un pouco mellor a flora e a fauna desta espazo.

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñedes deles.

      Localización : Encoro de Cachamuiña, Pereiro de Aguiar (42.338033, -7.802758)

      Data: Sábado 30 de xaneiro de 2016

      Horario: 10:30 – 13:30

diadoshumidais2016

Para máis información contactar con voluntariado.galicia@amigosdaterra.net e aulanatureza@ourense.es.

Día dos Humidais. Visita as brañas de Chan da Lagoa, A Groba, Baiona. Domingo 31 de xaneiro

Visita reivindicativa a este espazo de gran valor natural e que está sendo degradado por unha actuación de reforestación nada afortunada que está a afectar gravemente á estrutura deste humidal.  Nesta visita, en colaboración co Colectivo Matogueira, daremos a coñecer os valores naturais deste espazo e analizaremos os danos causados no lugar.

Para participar so tes que achegarte ao lugar ás 10.30 horas nas que dará comezo a actividade de comezo da actividade.

      Localización: Chan da Lagoa, A Groba, Baiona (42.091128, -8.859684)

      Data: Domingo, 31 de xaneiro de 2016

      Horario: 10:30 – 13:30

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñedes deles.

diadoshumidais2016V3