cop portada

Amigos da Terra en colaboración con Equo A Coruña organizan unha charla debate para valorar os acordos no Cumio Mundial do Cambio Climático (COP 21) o mércores 3 de febreiro as 19:30 na librería Berbiriana en A Coruña.

O pasado mes de decembro tivo lugar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, coñecida como COP 21 ou París 2015. Activistas de Amigos da Terra estiveron alí presentes, xunto a outros varios de miles de persoas, dun enorme e variado crisol de movementos sociais, en mobilizacións e accións de rúa que deron voz á xente de todo o mundo. Todos eles e elas participaron nas numerosas actividades que estaban programadas en París durante o cumio, sobretodo nas que se levaron a cabo no “Centquatre” ou Zona de Acción polo Clima un gran espazo de converxencia, debates e mobilización.

Amigos da Terra e Equo A Coruña, organizan o vindeiro martes 3 de febreiro unha charla-debate na cidade de A Coruña para valorar o decepcionante acordo internacional acadado no XXI Cumio do Cambio Climático realizado en París.

Silvia Pinal, co-voceira da Mesa Territorial de Equo-A Coruña, explicará en que consisteu o cumio e cales eran as espectativas dos movementos e organizacións sociais.

Sofía Marbán Lorenzo, activista de Amigos da Terra, compartirá cas persoas asistentes a sua experiencia na COP21, ofrecendo unha visión crítica do acordo resultante e achegará a súa visión fronte as alternativas de liñas de traballo asociativas.

Finalmente, entre todas as persoas presentes abrirase un debate sobre os resultados do cumio e as alternativas posibles que pode impulsar a cidadanía.

     Cumio do Cambio Climático. Que hai detrás do acordo de París?
     Mercores 3 de febreiro, 19:30 h
      Librería Berbiriana
      R/ Santiago 7, A Coruña

160203 Cartel COP