carballo vdeastres 03Amigos da Terra ven de denunciar a corta dun carballo centenario, a Carballa de San Bieito.

Esta corta realizouse preto da capela do San Bieito Sartédigos, na parroquia de Vilar de Astrés (Ourense), e produciuse nunha zona nos arredores da zona de protección do camiño Mozárabe-Vía da Prata.

Pola información recollida entre os veciños e veciñas da zona a árbore derrubouse o pasado día 12 de xaneiro de 2016. As medidas da carballa, segundo datos recollidos xa no ano 2015 – dentro da semana forestal de 2015 por distintos colexios e colectivos do Concello de Ourense – eran dunha altura de 25 metros, e o perímetro da árbore a 1,30 metros da superficie era de 4 metros e 10 centímetros.

carballo vdeastres 6 copy

Asemesmo os datos recollidos o 22 de xaneiro de 2016 do tocón que quedou a carón da capela do San Bieito, despois de ser arrancada polas obras de transporte de enerxía eléctrica ao centro de transformación de Sartédigos, medindose o diámetro do tronco a ras do solo, era de 126 centímetros-133 centímetros (dúas medidas tomadas dende os extremos do tocón en diagonal e sen cortiza), estimandose unha idade aproximada 160 anos.

Polas evidencias que se observan nas raíces que quedaron ao aire, observase que as que estaban orientadas cara o Camiño de Santiago tiñan signos evidentes de podredume, mentres que as raíces orientadas cara a Capela do San Bieito observase que estaban en bó estado e eran as que fixaban a árbore ao solo.

As obras de canalización soterrada da liña eléctrica realizadas por Gas Natural-FENOSA arrancaron as raíces que sostiñan a árbore en pé e, por esta actuación sen medidas de precaución, provocaron a caída do carballo.

O tocón da árbore mostra que non había ningún signo de podredume, con cerne na parte central e a madeira en moi bo estado polo que de non arrancar as raíces a árbore seguiría en pé.

carballo vdeastres 4

Os restos da árbore (tronco principal e polas) foron trasladados a carón do cemiterio de Vilar de Astrés, e pódeuse observar a simple vista que tanto o tronco principal como as pólas do carballo estaban en perfectas condicións, sen podredumes nin ningún outro tipo de dano. Só son evidentes podredumes nunha das polas laterais que saían do tronco principal a media altura da árbore, o estado desta pola non xustifica en ningún caso a caída da árbore.

De non arrancar as raíces pólas obras devanditas, a “Carballa do San Bieito” só lle era preciso eliminar a póla que estaba seca e o posterior tratamento con pasta funxicida para a súa cura.

carballo vdeastres 011

Amigos da Terra considera que este tipo de actuación podían evitarse e lembramos que os Camiños de Santiago están protexidos por Lei e o seu coidado e protección debe de ser prioridade tanto das Administracións públicas como da cidadadanía.

Dende Amigos da Terra vimos de realizar as correspondentes denuncias diante dos organismos responsables, o que implica á Consellería do Medio Rural e Dirección Xeral de Patrimonio.