Amigos da Terra, en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres, Sustinea e El Cercano, convídavos á presentación da novela ecofeminista “Beatriz y la loba” de Concha López LLamas, que terá lugar hoxe ás 20:00h no bar cafetería El Cercano.

Beatriz, unha rapaza zamorana, e Oak, unha lobezna nada nas saias da Serra da Cabrera, perden á vez os sustentos necesarios para a vida: hábitat, familia, alimento e traballo. No traxecto vital que realiza cada unha para sobrevivir, vanse definindo aspectos esenciais da cultura propia de cada especie e dos efectos xerados pola interacción entre ambas.

En “Beatriz y la loba” a violencia de xénero e de especie, que algúns machos de Homo sapiens infrinxen ás súas femias e aos cánidos salvaxes, constitúese no fío que conecta a vida de Beatriz e de Oak.