A estas preguntas, entre outras, intentarán responder Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras o vindeiro luns 28 na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións en Vigo e o día 1 de decembro na Coruña, na Feira de Sustentabilidade que organiza a OMA na Facultade de Dereito.

Despois da emisión do programa de Salvados no Congo, eVictims, sobre os efectos do consumo masivo de tecnoloxía que facemos en occidente, estas dúas organizacións seguirán afondando nas implicacións deste consumismo, a súa relación ca obsolescencia programada e se existen alternativas como a electrónica ética.

María Fernández, de Amigos da Terra, achegaranos ao fenómeno da obsolescencia programada así como as súas implicacións sociais e ambientais no uso dos recursos naturais no norte e no sur. Así mesmo, tamén se mostrará a vinculación da obsolescencia ca redución, reutilización e a reciclaxe de residuos. Por outra banda, Daniel Vila en Vigo e Pepe Vara en A Coruña, de Enxeñería sen Fronteiras, comentarannos de como afecta este concepto aos aparellos eléctricos e se realmente é posible falar de electrónica ética. Na mesma liña de dar alternativas, Amigos da Terra, presentará o proxecto Alargascencia así como medidas sinxelas e prácticas que todos e todas podemos levar a cabo.

Existe a posibilidade da obtención 1 crédito ECTS na Universidade de Vigo.

As charlas son de balde pero para poder asistir será necesario inscribirse no correo electrónico, voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Que é a obsolescencia programada? Existe a electrónica ética?

 VIGO

Data: 28 de novembro

Hora: 18:00

Lugar: Sala de graos Escola Superior Enxeñería de Telecomunicacións

Campus Lagoas-Marcosende


A CORUÑA

Data: 1 de decembro

Hora: 18:00

Lugar: Salón de Graos – Facultade de Dereito

Campus Elviña