O Parlamento francés aprobou a “Lei do Deber de Vixilancia” que sitúa a Francia á vangarda da defensa dos dereitos humanos fronte ás empresas multinacionais. Amigos da Terra espera que esta decisión dea un impulso ao tratado vinculante de dereitos humanos e empresas que negocian a Unión Europea e o Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas desde hai anos.

A lei francesa para vixiar ás multinacionais penaliza a violación de dereitos humanos

Este mércores, 21 de febreiro, Francia aprobou a histórica “Lei do Deber de Vixilancia”, nun contexto de escalada de violencia contra defensores ambientais en países do Sur, por oporse aos proxectos de compañías estranxeiras nos seus territorios. Esta indefensión á que ven sometidos demostra como as leis nacionais son insuficientes para previr as violacións de dereitos humanos. Así a lei francesa obriga a implementar plans de vixilancia públicos que afectan á monitorización das súas propias actividades pero tamén ás dos provedores e subcontratas.

Nesta liña, os incumprimentos da lei capacitan á cidadanía a acudir aos tribunais si se dan estas circunstancias. Como consecuencia poden imporse multas de entre 10 e 30 millóns de euros, segundo a ausencia do plan ou os prexuízos nas violacións dos dereitos humanos que se ocasionen.

A lei francesa para vixiar ás multinacionais constitúe un fito histórico pero con deficiencias

Amigos da Terra aplaude a decisión por ampla maioría da cámara francesa, pero advirte sobre a insuficiencia da lei, posto que non se dispón dunha axuda para as vítimas co fin de denunciar os atropelos nas negociacións.

Ano a ano as estatísticas de ecoloxistas e membros de comunidades locais que son asasinados crece, cando se opoñen a proxectos que destrúen o medio ambiente, e que por regra son proxectados por multinacionais estranxeiras”, valorou Alejandro González, o noso coordinador. “Aínda que reclamamos a adopción dun instrumento legal internacional para frear esta masacre, as accións que se fagan desde os países desde os que parte o dano humano e ambiental poden limitar moito o que as empresas fan ou deixan de facer”, concluíu.

Instamos o resto de países europeos, en concreto a España, a desenvolver os plans de Dereitos Humanos e Empresas, aos que xa se comprometeron, pero que aínda teñen sobre a mesa no seo de Nacións Unidas.