Este ano organizamos a segunda edición do Compostela+Solidaria xunto ao concello de Santiago. Será do 23 de maio ao 16 de xuño e haberá máis de 30 actividades programadas. Neste enlace>>> atoparedes o programa completo.

A inauguración oficial será o 30 de maio, ás 19 horas, no CSC do Ensanche. Coincidirá co inicio de Mostra de Cine Documental, unha das novidades deste ano, e coa proxección de Frágil equilibrio, premio Goya 2017 ao mellor documental.

No que se refire á asociación, Amigos da Terra participará o mércores 31 cun obradoiro de “Productos de Limpeza Naturais” no CSC do Sar a partir das 18:00 horas (podes achegarte aínda que xa empezara).

Centro Socio Cultural (CSC) de Sar

Ponte do Sar, 43 baixo (esquina rúa Diego Bernal)

Para rematar a edición deste ano organizamos unha Feira Solidaria o venres, 16 de xuño, a partir das 11:00 na Praza Roxa de Compostela na que se ofrecerán actividades e xogos para grandes e pequenos.

Estade atentxs ás nosas redes sociais, hashtag #CompostelaMáisSolidaria.