Do 23 ao 27 de novembro, en Nacións Unidas, reúnese o grupo de traballo designado para avanzar co Tratado vinculante de dereitos humanos e empresas. Esta ferramenta ten como obxectivo pór fin aos abusos e violacións de dereitos humanos que cometen as grandes empresas con total impunidade. Desde Amigos da Terra xunto a miles de activistas e organizacións estamos presentes en Xenebra para que este tratado non quede en papel mollado e poña ás persoas e ao planeta no centro das políticas.

ASINA PARA LOGRAR O TRATADO

Esta actividade empresarial descontrolada está a suceder en todos os recunchos do planeta. As multinacionais entran nun territorio, coa falsa promesa de crear riqueza para as comunidades da zona, mentres, contaminan terras, augas, acaparan recursos, incumpren as normas laborais e, en moitos casos, fan uso da violencia para acalar as voces das comunidades.

Os abusos contra as persoas e a súa contorna danse nun contexto de completa impunidade: os crimes contra a poboación perpetrados por grandes empresas non teñen consecuencias para estas multinacionais que seguen operando ás súas anchas.

Por este motivo, un gran número de organizacións e movementos sociais unímonos. É imprescindible contar cun tratado que poña fin á impunidade, e que impida este abuso de poder por parte de grandes empresas. Na actualidade, existen baleiros legais, nalgúns casos asociados a actividades desenvolvidas a nivel internacional, xa que as leis que regulan a estas empresas teñen un carácter nacional. Á súa vez, os tratados de investimento e comercio outorgan dereitos e privilexios ás transnacionais en detrimento do interese xeral, mentres non existe ningunha regulación internacional que garanta a protección da cidadanía fronte aos abusos de grandes empresas.

A introdución e regulamentación de obrigacións nacionais e internacionais é necesaria para que os Estados poidan por fin cumprir co seu deber de protexer os dereitos humanos e ambientais fronte ás actividades daniñas de compañías transnacionais e outras empresas.

Si ti tamén crees que é necesario este tratado: ASINA AQUÍ