Amigos da Terra en colaboración coa Asociacíón Vergasta levaron a cabo a primeira acción de rexeneración de zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón). Varias persoas da zona convocadas por Vergasta e acompañados por unha vintena de voluntarias e voluntarios que acudiron ao chamamento de Amigos da Terra, xuntáronse nunha das zonas máis afectadas po-los lumes do pasado mes para realizar as primeiras actuacións de recuperación, orientadas á retención do solo fronte a erosión que poida sufrir debido as chuvias dos vindeiros meses.

Actuacións para miminizar a erosión do solo e contaminación das augas do río polo arrastre das cinsas

As accións levadas a cabo consistiron en dispersar palla nas zonas que tras os lumes quedaron sen cobertura vexetal e a construción de barreiras a partir de restos naturais en franxas perpendiculares á penden-te nas zonas preto das correntes de auga. A implicación e o duro traballo levado a cabo durante a xornada extendeu a as accións ao longo dunha superficie aproximada de sete hectáreas.

Voluntariado rexeneración forestal

Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscamos a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.

Actuacións de rexeneración do monte tras os incendios

O próximo domingo, continuaremos coas actuacións de recuperación nesta zona ata chegar a cubrir toda á superficie arrasada polo lume na zona de monte comunal, dunhas 11 hectáreas, con estas medidas de “primeiros auxilios” de protección e mantemento do solo, que máis adiante poderían complementarse con accións para axudar na rexeneración da cobertura vexetal. Ao mesmo tempo, ao longo dos próximos meses, contemplase levar a cabo actuacións semellantes noutras zonas afectadas polos incendios.

Actuacións de rexeneración do monte tras os incendios

Agradecementos

O equipamento que se empregou foi adquiridos grazas ás achegas do Concerto Expansivo por un Monte Vivo e outras doazóns que xenerosamente nos fixeron chegar empresas e particulares.

Queremos agradecer a absoluta entrega, entusiasmo e ánimo desbordante de todas as persoas voluntarias participantes, un verdadeiro exemplo de cidadanía comprometida. Extendemos tamén a nosa gratitude de Pablo Pachón, que documentou fotográficamente a nosa acción e nos cedeu amablemente as súas instantáneas.

Documentos de interese

Icon

Como actuar despois dos Lumes 8.64 MB 165 downloads

Aínda que toda a axuda é importante, en primeiro lugar debemos de lembrar que as...
Icon

Manual do plantafragas 1.72 MB 2342 downloads

Este pequeno manual de plantafragas redactado de modo sinxelo e ameno, tenta ensinar...
Descargar Documento
Icon

Que facer con animais afectados en incendios forestais 536.41 KB 70 downloads

Guía rápida para saber como actuar con animais afectados por incendios forestais. ...