Amigos da Terra e Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, dentro da súa vontade de camiñar cara un novo modelo enerxético sostible baseado no uso de enerxía renovable, respectuoso co medio ambiente e que contribúa a afianzar a democracia e a soberanía enerxética da cidadanía, asinan un convenio de colaboración este venres ás 17:00 horas no local de Amigos da Terra en Ourense.
Cales son obxectivos fundamentais deste convenio?
Ademais de continuar profundizando na nosa relación de axuda mutua e apostar por un modelo de xustiza enerxética e climática, destacaríamos:
1.- Impulsar e animar á masa social de Amigos da Terra a apostar por un modelo de consumo enerxético máis sostible e coherente como é o que representa o cooperativismo de Nosa Enerxía S. Coop. Galega.
2.- Apoiar actividades e proxectos de Amigos da Terra desde a área de Acción Social e Verde de Nosa Enerxía S.Coop. Galega.
Este apoio se traduce en que por cada persoa socia de Amigos da Terra que se faga socia consumidora de Nosa Enerxía S.C.G., a cooperativa destinará unha porcentaxe do beneficio da factura anual do consumo da luz para Amigos da Terra.
Amigos da Terra pode destinar esta cantidade a proxectos propios ou a proxectos de Nosa Enerxía con retorno do investimento como son proxectos de xeración, de mobilidade, etc.
Vantaxes para as socias de Amigos da Terra
As vantaxes de asociarse a Nosa Enerxía para unha persoa socia de Amigos da Terra son moitas e coherentes coa traxectoria e intereses da organización:
- Ser coopropietaria da súa propia compañía enerxética.
- Poder consumir enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, a un prezo xusto e sustentable.
- Ter acceso aos bens e servizos que oferte a cooperativa (xeración,mobilidade,…).
- Colaborar nun proxecto de propiedade colectiva e de xestión democrática da enerxía.
- Dedicir que proxectos de xeración de enerxía renovable se poñen en marcha.
- Apoiar un modelo de xestión que defende o desenvolvemento sostible e apoia os principios da economía social.
- Apoiar dun xeito práctico e con feitos a defensa da natureza, a protección do medio ambiente e a realización de actividades de carácter social e solidario.
- Fortalecer o tecido autóctono de enerxías renovables, xerando emprego e desenvolvemento.
- Unha persoa socia pode “apadriñar” a outra persoa para que poida consumir luz coa cooperativa sen necesidade de asociarse.
Preme aquí para consultar todas as condicións do convenio en detalle