En Amigos da Terra Internacional cremos que a xustiza social e ambiental só será posible a través dunha transformación radical das nosas sociedades. Á vez que loitamos pola xustiza climática, a soberanía alimentaria e os dereitos dos pobos, traballamos para desmantelar o patriarcado e todos os sistemas de opresión que se reforzan mutuamente.

Neste vídeo facemos referencia ao vínculo que existe entre a explotación das mulleres, os pobos e a natureza e subliñamos o noso compromiso para lograr a xustiza de xénero na federación Amigos da Terra e traballar con aliadas e aliados de movementos de base, anticapitalistas e feministas.

Súmate á loita por xustiza social, ambiental, económica e de xénero!

 

Máis información:

https://www.foei.org/es/que-hacemos/justicia-genero-desmantelamiento-patriarcado