Hoxe día 5 de decembro, celebrase o Día Internacional do Voluntariado, unha xornada proclamada no ano 1985 pola ONU, para dar a coñecer mellor a importante contribución das persoas voluntarias nos diferentes ámbitos da sociedade.

Dende Amigos da Terra queremos aproveitar para expresar a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, o tempo e implicación que adican de forma solidaria e altruísta co obxectivo de mellorar a situación do noso medio ambiente e da sociedade en xeral.

Non podemos deixar pasar esta oportunidade para agradecer a vosa colaboración e solidariedade.

GRAZAS.
Bo día para todas/os.