• A cidadanía volve encher as rúas nunha protesta sen precedentes, ante a urxencia climática e ecolóxica global.

  • Organizacións, colectivos e comunidades indíxenas de todo o mundo estiveron presentes nesta Marcha polo Clima para visibilizarse e xerar propostas alternativas desde os territorios.

  • Cun obxectivo común alzouse a voz para que os gobernos consideren as súas perspectivas e dereitos fronte ás falsas solucións climáticas impulsadas no cume oficial.

Nun ano marcado polas mobilizacións climáticas, a cidadanía volve saír ás rúas, en Madrid e Santiago de Chile, para facer fronte á inacción política fronte á crise climática e ecolóxica. Unhas manifestacións que se alzan cunha mesma voz, dentro da diversidade e heteroxeneidade das loitas, reclamando medidas concretas e ambiciosas, que se sustenten na xustiza social, a equidade e a protección da Natureza.

É hora de actuar e os Gobernos non poden continuar postergando ano tras ano a aplicación de políticas que axuden a facer fronte a esta situación de urxencia global. O obxectivo de manter ambas manifestacións, así como o lema da pancarta, ‘Desde Santiago a Madrid, o mundo espertou’, é denunciar a situación de violencia e represión que se vive en Chile por parte do goberno de Piñera, así como visibilizar as loitas e resistencias dos pobos indíxenas. A Marcha polo Clima prodúcese no contexto da COP25 e tras constatar que ante os discursos baleiros e os acordos non vinculantes, a cidadanía e as entidades da sociedade civil están dispostas a organizarse para defender o planeta, o presente, o futuro e un mundo máis xusto.

A manifestación de Madrid, que as convocantes cualifican como “un rotundo éxito” e “unha mobilización histórica cidadá”, foi secundada por máis de 500.000 persoas, vidas de todas as partes da península e do mundo, cunha forte presenza de pobos latinoamericanos e indíxenas. Dita manifestación, que comezou o seu percorrido en Atocha ás 18:00 horas, finalizou sobre as 21:00 horas en Novos Ministerios. Alí, as organizacións convocantes, Fridays for Future, Alianza polo Clima, Alianza pola Urxencia Climática, 2020 Rebelión polo Clima, Cume dos Pobos, Sociedade Civil pola Acción Climática (SCAC) e Minga Indíxena, leeron un breve manifesto.

Durante a tarde a cidade de Madrid inundouse de centos de miles de manifestantes chegados desde todos os recunchos do mundo facendo resoar os cánticos “o planeta non se vende, o planeta deféndese”, “change the system, not the climate”, “os océanos álzanse, nos tamén” ou “o bo vivir non é consumir” xunto aos que chegaban do outro lado do océano, desde Chile. Indíxenas, novos, mulleres, familias e organizacións ecofeministas e ecoloxistas, abrían o paso desta multitudinaria manifestación, trala pancarta co lema “Desde Santiago a Madrid, o mundo espertou”. Unha mobilización masiva que gritou que a sociedade civil espertou, que a urxencia climática e ecolóxica xa non se pode negar e que temos que actuar  para afrontar a crise.

Esta manifestación supón a culminación a un ano de protestas masivas e o inicio do Cume Social polo Clima, a coñecida como o Cume dos Pobos, que reunirá por centos de colectivos dos Sures e Nortes globais desde o 7 ao 13 de decembro na Universidade Complutense de Madrid (Campus Cidade Universitaria) e no Espazo de Converxencia de Hortaleza 88.