Hoxe 11 de decembro, na segunda semana de negociacións do cume do clima, centos de activistas de decenas de organizacións da sociedade civil, movementos sociais e ecoloxistas, sindicatos, poboacións indíxenas, novas, mulleres e grupos LGTBI unímonos para esixir aos países enriquecidos que aumenten a súa ambición e tomen medidas para enfrontarse á crise climática.

O momento elixido para a manifestación non é fortuíto, é xusto agora cando os ministros diríxense ás últimas etapas das conversacións da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Clima en Madrid. Na manifestación, que contou co apoio dun bo número de activistas, levouse a cabo unha cazolada, unha forma de protesta bastante habitual nalgúns países, que orixe tivo lugar en Chile, coñecida tamén como “cacerolazo”.

A acción tivo lugar dentro do recinto feiral da COP25 e contou cunha convocatoria simultánea fora do mesmo, á que se sumaron máis activistas de diferentes partes do mundo. A cazolada ou cacerolazo chamaron a atención sobre a inacción dos países do Norte Global ante a devastación que están vivindo millóns de persoas nos países empobrecidos, as principais afectadas pola urxencia climática.

Malia ser unha acción levada a cabo desde a sociedade civil de forma pacífica e respectuosa, tratou de ser freada e silenciada. Da mesma forma que se silencia ás poboacións máis afectadas polas negociacións, tratouse de silenciar o clamor que pide pola Xustiza Climática no Sur Global.

Ao longo da semana non houbo ningún progreso en temas clave como o financiamento. Os países industrializados e as corporacións máis contaminantes, os máximos responsables da crise climática, non se comprometeron a proporcionar os fondos necesarios para as comunidades do Sur, moitas da cales aínda non se recuperaron de graves desastres naturais cuxo orixe está na crise climática. Mentres, a resposta dos gobernos baseouse en falsas solucións, os mercados de carbono e un marketing enfocado ao lavado verde da súa imaxe.

Á súa vez os países industrializados tamén se encargaron de diluír e eliminar as medidas propostas para protexer os dereitos das poboacións indíxenas, das mulleres e das comunidades no Sur Global, así como os acordos sobre un Plan de Acción en materia de Xénero.

Os colectivos ecoloxistas e sociais, que representan por centos de millóns de persoas en todo o mundo, expresaron a súa indignación por non ser escoitados durante as negociacións, mentres as empresas máis contaminantes influíron na mesmas sen ningún tipo de pudor. Oito persoas foron detidas por protestar durante as negociacións por denunciar os conflitos de intereses.

 

Plan de Acción en materia de Xénero

 AvishekShrestha, do Instituto Digo Bikas de Nepal, sinalou:

«Estamos aquí para recordar aos gobernos que o financiamento da loita contra o cambio climático é un alicerce fundamental do Acordo de Paris e que non debe deixarse de lado. Indígnanos o feito de que algún gobernos, como os Estados Unidos, a UE e Australia, sigan eludindo a súa responsabilidade financeira. En lugar de recoñecer a súa débeda ecolóxica e, xa que logo, as súas obrigacións, continúan investindo na industria dos combustibles fósiles. E agora poñen sobre a mesa o comercio de carbono e outros mecanismos de mercado, e ocultan a súa falta de acción e o incumprimiento das súas promesas para garantir o Fondo Verde para o Clima, evitando así a súa responsabilidade financeira para facer fronte a perdas e danos».

KwamiKpondzo de Amigos da Terra Togo afirmou:

«Algúns países nestes corredores están tratando de comerciar coa contaminación, dobrar a conta de créditos de carbono e incluír lagoas no comercio de carbono, o que outorgaría una licenza ás grandes empresas para seguir contaminando. Un acordo que inclúa os mercados de carbono só supoñerá máis emisións, máis aumento da temperatura, e o uso continuado de combustibles fósiles. Esta decisión nos aboca a décadas de inacción, distracción e coptación das accións climáticas por parte das grandes corporacións. Mentres deberiamos reducir emisións, eles xogan conoso planeta e a xente».

Tom Goldtooth, da Rede Ambiental Indíxena, comentou:

«Poñan fin ao secuestro do planeta polo colonialismo. A ONU, o goberno, as grandes corporacións, as industrias extractivas, queren usar a metade da terra do mundo, incluíndo os territorios dos Pobos Indíxenas, para compensar o carbono en lugar de reducir emisións. As compensacións de carbono non reducen o quecemento global. As compensacións de carbono privatizan á Nai Terra e á natureza, incluíndo o aire que respiramos. As compensacións corrompen o sagrado. O noso ceo non está en venda, nin o futuro da humanidade».

Catherine Abreu, Directora Executiva da Rede de Acción Climática de Canadá, engadiu:

«Para millóns de persoas, aquelas afectadas por inundacións, incendios, tormentas devastadoras, o tempo acabouse. E en lugar de axudalos, os países enriquecidos aférranse aos seus beneficios económicos e reteñen o financiamento que lles deben por perdas e danos». Ao dirixirse aos políticos na COP25 en Madrid, Abreu continuou: «Vostedes atrasan as Transición Xusta para os traballadores e as comunidades. Vostede nega sistematicamente o seu espazo á sociedade civil. Nin sequera poden acordar un Plan de Acción en materia de Xénero».

TailyTerena, da nación Terena de Brasil, de Women&Gender Constituency and the Indigenous People’s Constituency sinalou:

«O ascenso do fascismo e o machismo en Brasil, Chile, Estados Unidos, Filipinas e outros países non só  erosionan os nosos dereitos, senón que está afectando á vida dos pobos indíxenas, as mulleres, os pobos non binarios e as persoas racializadas. As feministas e os pobos indíxenas esixen un cambio radical do sistema. É necesario protexer os dereitos humanos, especialmente dos pobos indíxenas, as mulleres e os defensores do medio ambiente, xa que son as persoas máis afectadas».

Angela Valenzuela, de FridaysForFuture, comentou:

“De Santiago a Madrid, o mundo está espertando ante a urxencia climática. Escoitamos ás comunidades en primeira liña da loita, a ciencia, a xente máis afectada. E dicimos ¡basta! Non imos seguir apoiando un Sistema que orixinou esta crise. Seguiremos crecendo e opoñerémonos aos gobernos que non nos representan, e que priorizan os beneficios económicos por encima do benestar da cidadanía e o planeta”.

Ms LebogangMulaisi, de Congress of South AfricanTradeUnions (COSATU) de Sudáfica, concluíu:

“Sen unha transición xusta non teremos xustiza social. O cambio climático afecta a todo o mundo, especialmente ao continente africano. No Sur Global os impactos maniféstanse crises tras crises, pero esta crise climática esta ocasionada por una crise económica, desemprego, pobreza, desigualdade. O cambio climático foi ocasionado polo actual Sistema de produción e consumo, un sistema inxusto e inviable tanto social como ecolóxico”.