Empeza un novo ano, ou mellor dito, a década dos anos vinte. E aínda que ás veces pódenos parecer que como sociedade non avanzaramos nada ou moi pouco para facer fronte á crise climática e ecosocial que vivimos, si botamos a vista atrás, esa perspectiva cambia.

Fai dez anos, mesmo fai seis, as mobilizacións polo clima eran anecdóticas, con todo, agora falamos de manifestacións masivas. Millóns de persoas saíron á rúa en 2019 esixindo medidas contundentes e radicais para reducir as emisións de CO2, e poñer ás persoas e ao planeta no centro das decisións políticas.

E non nos enganemos, isto para moitas de nós era case impensable fai dous anos, por moito que tampouco nos explicásemos por que non xurdira esta mobilización masiva desde facía tempo: por que non se avivaba ese fastío social ante un inmobilismo político e económico que non oía ano tras ano as investigacións científicas sobre o cambio climático e a responsabilidade da acción humana ante o mesmo.

Comeza unha nova década, e 2020 é un ano clave para fixar a redución de emisións dos países, tal e como vimos no Cume do Clima en Madrid. Non podemos deixar de reclamar e esixir accións reais para enfrontarnos á crise climática, e non imos parar ata que se poñan en marcha. Pero está claro, que non podemos deixalo todo nas súas mans, que as solucións reais xa están enriba da mesa, e que a sociedade civil leva anos promovéndoas e construíndoas.

Falamos de agroecoloxía, enerxía comunitaria renovable, economía social, e unha infinidade de modos de facer, respectuosos co medio ambiente e xustos coas persoas; alternativas que desafían o modelo económico actual e que operan dentro dos límites do planeta. Apoiar e formar parte destas iniciativas é un engrenaxe indispensable para avanzar cara ao cambio de modelo que necesitamos.

Aínda nos queda camiño, pero é innegable que cada vez nos sentimos máis acompañadas. É un pracer formar parte dun movemento climático imparable. Xente nova, mulleres, colectivos indíxenas, comunidades locais, movementos campesiños, imos da man para conseguir unha transformación onde a xente e os ecosistemas estean por encima dos beneficios económicos duns poucos.

Este ano, ¡únete a un movemento imparable!

Bo ano 2020 renovable e comunitario!