Achégase o final da iniciativa ‘Dereitos para as persoas, obrigacións para as multinacionais- Stop ISDS’, despois dun ano tentando deter o ISDS. Xa conseguimos máis de 600.000 firmas. As multinacionais teñen demasiado poder, é hora de retomalo!

Xunto con máis de 200 organizacións, sindicatos e movementos sociais de toda Europa fixemos campaña, desde xaneiro de 2019, a favor de normativa vinculante que permita sancionar ás multinacionais polos seus crimes, por exemplo, a través dun Tratado Vinculante de Nacións Unidas sobre empresas e dereitos humanos, e para pór fin ao ISDS (arbitraxe de investidores contra Estados) e os desmedidos privilexios que concede ás empresas transnacionais. Un sistema de xustiza paralelo opaco ao que só teñen acceso os máis enriquecidos e que permite ás multinacionais demandar a Estados que lexislen en contra dos seus intereses.

Aquí está a petición, por se aínda non asinaches!

Que fixemos desde entón?

  • A campaña comezou co lanzamento da petición, a recollida de firmas e diferentes accións. En só unha semana, 250.000 persoas contraatacaron o poder corporativo das multinacionais dando apoio e asinando a petición. Un lanzamento espectacular!
  • En febreiro levamos a cabo unha acción en redes sociais en toda Europa para presionar aos europarlamentarios/as para que non ratificasen o acordo comercial entre a UE e Singapur, que inclúe o ISDS. Lamentablemente non o conseguimos.
  • En marzo, con motivo do terceiro aniversario do asasinato da defensora hondureña Berta Cáceres, levaron a cabo concentracións simultáneas en diferentes cidades, esixindo Xustiza para Berta e fin da impunidade corporativa.
  • En maio condenamos a impunidade de Chevron e o seu uso ilexítimo do sistema de tribunais ISDS contra o pobo Ecuador.
  • Con motivo das eleccións ao Parlamento Europeo, levamos a cabo unha campaña para pedir aos candidatos/as que asinasen o noso compromiso para votar en contra do ISDS e a favor de normas vinculantes de responsabilidade corporativa durante o seguinte mandato europeo.
  • A segunda metade do ano estivo marcada polas sinerxías co crecente movemento pola emerxencia climática para pór de relevo que os tratados de comercio e investimento atentan contra os dereitos humanos e ambientais dos pobos e supoñen un obstáculo para levar a cabo medidas de transición ecolóxica xusta.
  • A principios de setembro, tras o acordo adoptado en xuño pola Comisión Europea e os países de Mercosur para pechar a Tratado UE-Mercosur, levamos a cabo unha representación de morte colectiva para denunciar os crecentes incendios e a vulneración de dereitos humanos na Amazonía desde o inicio do goberno de Bolsonaro. Ademais, pedimos ao goberno do Estado español que non ratifique a Tratado UE-Mercosur, un tratado que só profundaría ditas tendencias. A votación terá lugar durante este e o seguinte ano.
  • Unímonos á Folga Mundial polo Clima,realizada en diferentes cidades de España e Europa o 27 de setembro.
  • En outubro, a SeSemana de Acción contra a Impunidade Corporativa marcou o momento álxido da campaña e saímos á rúa en toda Europa para denunciar a impunidade e os excesivos privilexios das multinacionais.
  • Rematamos o ano co repentino anuncio da celebración da la COP25 en Madrid e a preparación do cume Social polo Clima en decembro, onde organizamos dous eventos para denunciar unha vez máis o papel dos tratados de comercio e investimento na profundización da crise climática.

Pero isto non é o fin de nada. Durante o novo ano continuaremos loitando contra estes tratados e por mecanismos para garantir os dereitos humanos. Este ano, levaremos a cabo unha entrega da petición aos nosos representantes políticos en todos os recunchos de Europa. En Madrid, entregámola este mércores 22 de xaneiro no Congreso dos Deputados. Aínda estamos a tempo para tentar chegar ao millón de firmas.

 

Manterémoste ao tanto!

Axúdanos a chegar ao millón, firma e comparte a petición!