O 2 de febreiro de cada ano é o Día Mundial dos Humedais e nel conmemorase a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais de Ramsar 1971.

O Convenio Mundial RAMSAR de Conservación dos Humedais, (do cal España é parte), baixo o lema “Humedais e Biodiversiade” está dedicado este ano este ano a reflexionar e promover a conservación destes espazos naturais.

Os humedais proporcionan á humanidade numerosos servizos imprescindibles para a vida humana e para o equilibrio do Planeta: non só regulan o clima, os ciclos da auga ou, como no caso de Galicia, son unha importante fonte de traballo e de economía sostible, grazas á súa enorme produtividade marisqueira e pesqueira.

No Día Mundial dos Humedais, Amigos da Terra quere recordar a necesidade de promover en Galicia un modelo de desenvolvemento baseado no uso sostible dos nosos valiosos humedais, en vez da súa destrución destes espazos que dende os anos 50 do século pasado perdéronse ó 60% da súa superficie.

 

Roteiro polo Río Miño

Co gallo da conmemoración do 48 aniversario do Convenio Ramsar, Amigos da Terra celebra un ano máis o día dos humedais. Esta actividade está organizada polaAula de Natureza do río Miño, en colaboración con Amigos da Terra e Xeitura Coop. Realizaremos unha saída polas ribeiras do Río Miño ao seu paso polo concello de Ourense, para o domingo 2 de febreiro pola mañana.

Partiremos dende a pasarela de Outariz, ás 10:30 horas e tras un paseo dun pequeno percorrido pola marxe dereita do río Miño dunhas tres horas, rematará na localidade de Untes, que servirá para iniciarse na observación de aves propias de entornos lacustres ou fluviais e que será guiado polo naturalista ourensán Raúl González.

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñen deles.

Para máis información contactar con
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
aulanatureza@ourense.es

ou nos telefonos: 988510781 ou 988 374 318