A horta de Europa está nun punto crítico. A gandería e agricultura industrial están minguando os nosos campos, agravando a desertificación, a crise climática, a perda de biodiversidade e contaminando acuíferos. Aínda por riba, as persoas que traballan a terra, as que nos alimentan, non son recoñecidas como se merecen, e en lugar de conseguir un prezo xusto polos alimentos que producen, sofren o abandono ao que se ve abocado o mundo rural. E mentres, son os grandes intermediarios os que engrosan os seus petos de beneficios.
Cada persoa, como ti, ten moito que aportar para devolver a vida ao campo. Existen numerosas opcións a nivel individual, pero si realmente queremos alentar un cambio que desemboque nunha alimentación saudable para todas as persoas e nuns ecosistemas vivos, necesitamos unirnos e reclamar unhas políticas alimentarias acordes aos límites planetarios e xustas coas persoas.
Agora é imprescindible premer para conseguir unha modificación da Política Agraria Común (PAC) que estea á altura da crise ecolóxica e social que vivimos. Na actualidade e ao longo dos anos estas políticas favoreceron a expansión de grandes explotacións agrarias e gandeiras, facendo desaparecer pequenas granxas e intensificando o uso de agroquímicos. Isto pon en grave perigo a agricultura familiar e agroecolóxica. Os nosos impostos (58.000 mil millóns de euros!!) que poderían servir para fomentar unha alimentación sa para as persoas e o planeta baseada en cultivos agroecolóxicos, dedícanse a fomentar un modelo agroalimentario insostible.
Por este motivo, desde Amigos da Terra esiximos unhas políticas que poñan ás persoas e ao medio ambiente no centro de toma de decisións. É necesario fomentar a venda directa, sen intermediarios, as canles curtas de distribución, favorecer o consumo de proximidade, potenciar o consumo de alimentos frescos, e apostar decididamente pola agroecoloxía.
¡E ti sempre podes axudar! Con accións na túa día a día a través do teu consumo, e co teu compromiso político reivindicando unhas políticas baseadas na xustiza ecosocial.
1. Apoia aos teus produtor@s agroecolóxicos. Animámoste a que te sumes a unha iniciativa de consumo local como Grupos de Consumo ou Supermercados Cooperativos. E si non podes por calquera motivo, compra en tendas e mercados locais.
2. Consome menos carne e mellor carne e alimentos de tempada, locais e saudables. Propoñémoste un consumo frecuente de verduras, froitas, fariñas integrais, legumes, froitos secos e aceite de oliva, e moderado de peixe, ovos, carne e lácteos.
3. Demanda comida local e de tempada nos colexios e no teu hospital máis próximo.
4. Reclama unha PAC que aposte por unha agricultura e gandería agroecolóxica.
5. Asina a petición contra os pesticidas na UE. ACTÚA! Demandamos eliminar gradualmente os praguicidas sintéticos na agricultura nun 80% para 2030, empezando polos máis perigosos, para alcanzar o 100% en 2035.
6. Informa a outras persoas sobre as opcións que temos ao noso alcance e a necesidade de mobilizarnos.
7. Elixe os mercados locais e as pequenas tendas de barrio en lugar de supermercados.
8. Faite de Amigos da Terra, asóciate e contribúe coas nosas campañas.
9. Participa activamente nas nosas campañas, faite activista cos nosos grupos locais!
10. Con todo isto imos conseguir que as solucións locais crezan!!