Amigos da Terra leva anos demostrando que a compostaxe é unha das ferramentas máis importantes para camiñar cara o residuo cero. Os estudos indican que o emprego neste sector incrementarase de xeito importante nos vindeiros anos debido, por un lado, a que hai que dar cumprimento á normativa en materia de residuos e, por outro, a que é un área na que está case todo por facer. Amigos de la Tierra España está organizando 6 cursos de Mestría en Compostaxe e 4 deles se realizarán en Galicia e 2 na Comunidade de Madrid. Estes cursos realízanse grazas ao programa EmpleaVerde da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

Os cursos están destinados a persoas desempregadas, as prazas son limitadas polo que se fará selección previa. Terán unha duración de 50 horas presenciais nas que se abordará o ciclo completo da xestión da fracción orgánica dos residuos, deste xeito os técnicos formados poderán realizar tarefas como:

– Posta en marcha e asesoría a participantes en programas de compostaxe doméstico.

– Actividades de promoción da compostaxe incluíndo campañas educativas para todo tipo de público.

– Mantemento e xestión de agro-compostaxe.

– Mantemento e xestión de centros de compostaxe comunitario.

– Labores auxiliares en plantas de compostaxe industrial e agrícola.

Ao rematar os cursos os participantes que superen as probas recibirán asesoramento e acompañamento na busca de emprego para facilitar a súa inserción de acordo coa súa nova formación. Realizarase unha busca de ofertas laborais e contactarase con as entidades (empresas, administracións e asociacións) que teñan en marcha proxectos nos que poidan desenvolver a súa labor profesional.

Se estás interesado en participar podes mandar un correo a residuos@amigosdaterra.net indicando os teus datos de contacto e a provincia na que che interesaría participar e manterémoste informado.

Agradecemos que axudedes a espallar esta información. Podes descargar un cartel en A3 aquí.

1ª Edición Pontevedra: Prazo de solicitude de praza aberto ata o 16/03/2020 ás 14:00 https://amigosdaterra.net/info/160415_adt/axenda/curso-de-mestria…xe-en-pontevedra/

ATENCIÓN: Por mor da emexencia sanitaria o curso adíase ata novo aviso. O prazo de inscrición mantense.

Acción gratuíta cofinanciada polo FSE                                                    Conseguir formación e un emprego de calidade

https://www.miteco.gob.es/gl/ https://fundacion-biodiversidad.es/ https://www.empleaverde.es/ https://ec.europa.eu/esf/home.jsp?langId=es