En todo o mundo, o 8 de marzo é unha data clave de loita pola xustiza social e a transformación das nosas sociedades, e un día de mobilizacións rueiras e outras actividades organizadas por organizacións feministas e de mulleres.  Desde Amigos da Terra sumámonos ás mobilizacións e animamos á cidadanía para asistir ás mesmas, porque sen xustiza de xénero non haberá xustiza social nin ambiental.

Podes ver aquí todas as mobilizacións estatais e sumarte

Desde Amigos da Terra, tanto a nivel local como estatal e internacional, estamos comprometid@ s coa xustiza de xénero, o desmantelamento do patriarcado, e coa loita pola transformación social nas nosas sociedades. Defendemos e cremos que sen xustiza de xénero, non haberá xustiza social e ambiental. Acabar coas situacións de inxustiza non é posible sen desmantelar o sistema económico actual, fundamentado no patriarcado, á súa vez é necesario acabar con todas as formas de opresión estrutural para alcanzar a xustiza ecosocial. As nosas compañeiras e compañeiros de en máis de 70 países sairán á rúa para apoiar os dereitos da mulleres e reclamar xustiza de xénero.

Únete!