As grandes enerxéticas estatais repartirán miles de millóns de euros ao seu accionariado.

O Estado asumirá o déficit de tarifa enerxético cando o sector xa conta con beneficios asegurados.

Reclamamos a gratuidade destes servizos para as persoas máis vulnerables.

As últimas semanas, no medio da crise sanitaria ocasionada polo COVID19, as grandes enerxéticas españolas anunciaban dividendos de miles de millóns a repartir entre os seus accionistas. Malia contar devandito sector cunhas contas saneadas, será o Estado quen se fará cargo do déficit de tarifa, e a única medida proposta polo sector para paliar os efectos da crise é atrasar o cobro de cotas durante 6 meses. Desde Amigos da Terra denunciamos esta situación, e esiximos ao oligopolio enerxético que se faga cargo destes custos, e que asuma a gratuidade do servizo para cubrir á poboación máis vulnerable.

Nestes días anunciáronse os dividendos a repartir polas grandes empresas eléctricas e gasísticas, que distribuirán case 5.500 millóns de euros. A estabilidade que demostra este sector nun momento de crise como o actual acompañada ademais con medidas do Goberno coas que se asumirá o déficit de tarifa, demostra que os ingresos destas compañías están asegurados (1). Ademais, as grandes empresas eléctricas tamén están aproveitando outras medidas de apoio contra a crise actual como é o programa de compra de bonos do Banco Central Europeo, onde empresas como Naturgy, Iberdrola ou Rede eléctrica xa están incluídas. Con todo, as grandes eléctricas españolas dobran en beneficios ao resto de empresas europeas do mesmo sector, segundo un estudo publicado polo Observatorio de sostibilidade de 2018 (2).

Á súa vez e malia a grave situación que se está vivindo, tan só propóñense medidas temporais para aprazar pagos, o que na práctica supoñerá un aumento de cortes de fornezo ante a imposibilidade de poder pagar a débeda xerada durante estes meses. Desde Amigos da Terra denunciamos esta situación e esiximos a gratuidade destes servizos para as familias vulnerables, onde sexan as empresas do sector quen asuman este custo.

Facemos fincapé en que a situación social dista moito das escasas medidas anunciadas. Estase vivindo un aumento da pobreza enerxética que terá maiores consecuencias unha vez pasado o confinamento. Amigos da Terra así como outras organizacións que traballamos neste tema como a Alianza contra a Pobreza Enerxètica (APE) denunciamos que as medidas impulsadas polo executivo central son insuficientes. Aínda que, a prohibición do corte de subministro durante o estado de alarma é fundamental, seguen sen resolverse os posibles impagos, así como a forma de reducir os custos enerxéticos para as familias vulnerables e persoas afectadas polo covid-19, e o seu endebedamento durante esta crise (3).

Unha forma moi concreta de avanzar cara a unha sociedade na que se cubran as necesidades humanas básicas, incluíndo alimentación e a electricidade nos fogares, xunto á equidade no reparto de recursos, e enfrontar a crise climática, será fortalecer o crecemento das comunidades enerxéticas en Europa. Constatouse que a enerxía comunitaria reforza o benestar social e económico da comunidade á vez que reduce emisións de C02 e preserva o medio ambiente. Desta forma proporcionan un modelo económico e socialmente sólido que aborda os desafíos actuais para construír un futuro sostible e máis xusto, como así o demostran varios exemplos (4). En definitiva si a cidadanía tivese un papel activo no sistema, producindo a súa propia electricidade mediante as comunidades enerxéticas ou o autoconsumo, podería afrontar mellor as situacións de crises.

O potencial das comunidades enerxéticas locais xa foi recoñecido pola UE no Paquete de Enerxía Limpa a través dos conceptos de comunidades cidadás e de enerxías renovables. Neste caso, o Goberno de España, debe asumir as directivas europeas nesta liña e revisar as súas lexislacións nacionais para asegurar a súa consonancia con estas. De igual forma é necesario que paralelamente ao desenvolvemento desta lexislación, asegúrese de potenciar ás comunidades, tomando medidas correspondentes que faciliten un acceso adecuado á rede, o acceso a fontes de financiamento, así como os procesos burocráticos.

Dende Amigos da Terra esiximos que as grandes enerxéticas se solidaricen cos colectivos máis vulnerables, e siga o exemplo do resto da sociedade asumindo custos cando contempla millóns de beneficios, e ao Estado que poña en marcha medidas que garantan a democratización da enerxía e salvagarden á poboación ante a pobreza enerxética.

 

(1) https://www.elconfidencial.com/empresas/2020-04-04/energeticas-dividendo-estado-rescate-deficit-tarifa_2533796/

(2) https://www.elsaltodiario.com/pobreza-energetica/electricas-espanolas-lideres-beneficios-aumentos-precio-luz-ue

(3) https://www.europapress.es/catalunya/noticia-ape-valora-medidas-energia-gobierno-covid-19-cal-otra-arena-20200401174352.html

(4) https://www.erneuerbareenergien.de/archiv/local-added-value-from-a-community-wind-farm-150-437-96249.html