Durante esta semana, que precede a acción polo clima do 24 de abril, desde o Movemento Galego polo Clima, realizamos un programa de palestras diarias abarcando distintas temáticas vinculadas á emerxencia climática.

Na web do Movemento irase actualizando os enlaces de acceso da cada webinario, xa que se empregará a plataforma jitsi e para o cal non é necesario instalar nada.

A través desta convocatoria queremos reivindicar unha volta que poña no centro ao medio ambiente e ás persoas, e teña en conta criterios de xustiza social e climática.

Toca reiniciar o sistema, pero queremos que se faga con xustiza climática!!! Actuemos pola saúde do Planeta

Aqui>> o manifesto da acción global polo clima do venres 24 de abril.