Queremos facer un chamamento masivo á Consellería de Medio Rural para que se facilite o desprazamento e acceso ás hortas para autoconsumo.

-Copia o texto de abaixo
-Entra neste enlace
-Engade os teus datos e pega o texto
-Envía o formulario.

Só te levará un minuto.
Precisamos toda a axuda posible para recuperar o dereito a unha alimentación libre e saudable.

Texto:
Á atención de José González Vázquez, Conselleiro de Medio Rural de Galicia:
Debido ao actual estado de alarma declarado co motivo do covid-19 e á Orde da Consellería do Medio Rural de 23 de marzo de 2020, moitas persoas que traballan unha horta para autoconsumo non poden acudir a traballala.
As hortalizas bótanse a perder e non poden atender os cultivos de primavera. Estes cultivos son unha parte esencial da alimentación, saúde, e economía de moitas familias.
Polo tanto, pídolle que suprima as restricións establecidas pola súa consellería para atender este tipo de hortas que, en moitos casos, se atopan fóra da cidade ou lonxe dos domicilios e non aplican produtos fitosanitarios.
Pido tamén que se dean todas as facilidades para continuar coa actividade nas hortas, respectando sempre todas as normas de seguridade necesarias.