A irrupción do coronavirus ameaza con cambiar os hábitos de consumo.

Como consumidoras, temos a oportunidade e a responsabilidade de cuestionar a función dos plásticos de usar e tirar e a falsa sensación de seguridade que proxectan en nós. Os envases desbotables pasan por toda a cadea alimentaria de fabricación, transporte, almacenamento e uso, por tanto, teñen máis posibilidades de levar a nosas casas virus ou bacterias patóxenas que o noso táper de cristal que lavamos con auga e xabón ou que a auga da billa en lugar da auga en botella.

A OMS e o Centro de Prevención e Control de Enfermidades, así como os gobernos autonómicos e estatais dinnos que as medidas de seguridade e hixiene que debemos adoptar son, lavar as mans frecuentemente, adoptar medidas de hixiene respiratoria e limpar e desinfectar todas as superficies que tocamos diariamente con frecuencia, por tanto mantendo os estándares de hixiene e desinfección non hai xustificación para fomentar envases ou obxectos de usar e tirar fronte aos reutilizables; basta con manter a hixiene nos envases reutilizables lavándoos ben con auga quente e xabón.

Ademais, segundo os datos extraidos do noso informe “Al desnudo, los envases de plástico non evitan el desperdicio alimentario”, sabemos que existe unha crecente evidencia de que os envases de plástico conteñen unha gran cantidade de produtos químicos perigosos que migran aos alimentos e bebidas que consumimos. A exposición crónica a eses produtos químicos a través de envases de alimentos de plástico pode provocar enfermidades graves e danar o noso sistema inmunolóxico, deixándonos máis vulnerables cando aparece unha enfermidade como Covid-19, por tanto debemos ter en conta que os envases dun só uso non son máis seguros que os reutilizables adecuadamente lavados.

Non podemos dar pasos atrás na loita contra os microplásticos.

Os residuos abandonados nunha cidade , transportados polos torrentes de auga ou polo vento acabar chegando á natureza, aos nosos mares e aos océanos.

Se a tendencia despois desta crise continúa sendo a mesma e as empresas insisten en utilizar envoltorios plásticos en todos e cada un dos seus produtos, mesmo de forma totalmente inverosímil e innecesaria, as consecuencias seguirán sendo as mesma e seguiremos vertendo aos nosos océanos 9 millóns de toneladas de plástico cada ano. O problema só se solucionará, se as empresas cambian as súas condutas e deixan de utilizar plásticos de usar e tirar.

Por tanto, non é lóxico que en lugar de fomentar as medidas de hixiene e limpeza necesarias, deamos pasos atrás e volvamos a un modelo que asolaga o noso medio ambiente dun material que tardará en desaparecer centos de anos, cos danos asociados que conleva para o medio ambiente e a saúde das persoas.

A industria do plástico, unha ameaza para o avance da lexislación de plásticos dun só uso.

A industria do plástico pediu recentemente atrasar ou mesmo retirar a lexislación adoptada sobre plásticos dun só uso, sobre a base de argumentos cientificamente infundados vinculados á pandemia de Covid-19.

Para a industria do plástico, utilizar argumentos “científicos” falaces, así como utilizar tácticas dilatorias e de bloqueo para debilitar a lexislación da UE e a súa implementación non é unha práctica nova.

Por sorte, a resposta da Comisión Europea foi contundente, manifestando que deben respectarse os prazos para a aplicación da Directiva e que de ningunha maneira se atrasaría ou eliminaría *.

Xa é hora de poñer ás persoas e ao medio ambiente primeiro en Europa e en todo o mundo. Só unha implementación ambiciosa e oportuna da Directiva de plásticos dun só uso e unha transición a unha economía circular libre de tóxicos baseada en sistemas de reutilización e cadeas de subministración máis curtas, pode facer que suceda.

Debemos fortalecer a modelos económicos que camiñen cara ao residuo cero e non permitan que crise como estas volvan repetirse.

Sabemos que os momentos de shock como este son aproveitados pola industria, que non dubida en utilizar esta oportunidade para facer lobby ás administracións a favor do seu negocio**, unha actitude moi oportunista nun momento no que a cidadanía estamos a traballar unidos nunha dirección co obxectivo de saír desta situación.

Todas estas industrias aproveitan o medo que se está xerando para unha vez máis propoñer falsas solucións que non van á raíz do problema senón que xeran novos problemas ou agravan os que xa existían como é o caso da xeración de plásticos.

Por tanto, tendo en conta isto debemos ter presente que as axudas económicas asociadas á saída da crise, non deben de ningunha maneira beneficiar á industria do plástico nin dos combustibles fósiles.

Estas medidas deben aproveitarse para impulsar novos modelos económicos que non permitan que crises como esta volvan repetirse; Iniciativas que camiñen cara ao residuo cero ou a economía circular. Iniciativas sostibles, renovables e responsables ambiental e socialmente.

*https://www.euractiv.com/section/circular-economy/news/eu-dismisses-industry-calls-to-lift-ban-on-single-use-plastics/

** https://www.politico.com/states/new-jersey/story/2020/03/24/plastics-industry-goes-after-bag-bans-during-pandemic-1268843