. A COVID–19 está a provocar un grave descontrol na xestión dos residuos urbanos, ao suprimirse, entre outras cousas, a separación manual nas plantas de triaxe.

· A industria xa está a presionar para atrasar a transposición da lexislación que limita os plásticos dun só uso.

· A Comisión Europea pide aos Estados membros que non rebaixen as súas porcentaxes de reciclaxe e opten por sistemas sostibles.

· As decisións pos- COVID–19 deberán contemplar solucións de redución duradeiras para protexer á poboación e ao medio ambiente.

 

A crise sanitaria da COVID–19 está a provocar un grave descontrol na xestión dos residuos a todos os niveis: desde o descenso da reciclaxe nas plantas de tratamento, o aumento de residuos destinados a vertedoiros e incineradoras, a ampliación de vertedoiros, ata posibles atrasos na transposición das directivas de residuos debido a presións da industria.

Alianza Residuo Cero reclama unhas políticas valentes, baseadas na redución dos residuos, e lembra ao Goberno que a saída desta crise só será posible con medidas que sitúen o medio ambiente e ás persoas no centro das políticas.

A Alianza Residuo Cero, conformada por Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Rezero, Retorna e Surfrider Foundation Europe, denuncia que o sector petroquímico está a presionar en Bruxelas para rebaixar as medidas contempladas na Directiva de Plásticos dun Só Uso. Outros países como Estados Unidos tamén se están vendo sometidos á presión dos produtores de plástico, que están a aproveitar a crise da COVID–19 para rebaixar a lexislación ambiental.

As organizacións reclaman ao Goberno e ás autoridades europeas que non cedan ante as presións da industria, e ínstanlles a tomar as medidas oportunas para reducir o consumo de plástico dun só uso e outros materiais de usar e tirar, así como a xestionar os residuos xerados de forma eficaz. A propia Comisión Europea sinalou que a crise sanitaria non pode servir de escusa para non avanzar na transición ecolóxica.

Outra das demandas da Alianza céntrase no tratamento actual dos residuos no Estado español. Se as porcentaxes de reciclaxe xa eran de seu escasos, a crise sanitaria pode estar a reducir aínda máis estas cifras. Isto débese á situación actual nos centros de tratamento, nos que se suprimiu a separación manual nas plantas de triaxe, a través das cales se separaban os materiais para o seu posterior reciclado. Así, recupéranse menos materiais e, por tanto, aumentan os residuos destinados a vertedoiro e incineración.

Unha vez máis a Comisión Europea deu un toque de atención aos países da Unión instándoos a facer un esforzo maior e non rebaixar as porcentaxes de reciclaxe. Isto poderíase evitar cun modelo máis eficaz que non se vexa paralizado ante unha crise de este calibre.

Do mesmo xeito que é indispensable repensar o noso modelo económico, o modelo de xestión de residuos, estreitamente ligado a este último, tamén necesita dun cambio de 180°. Para este fin, débese priorizar a redución de residuos na propia cadea de produción, así como a reutilización, e, na xestión de residuos, débese contemplar a recollida selectiva en orixe e garantir así porcentaxes de reciclaxe máis altos.

Os plásticos dun só uso en ningún caso son unha solución ante a crise do coronavirus, senón que están intrinsecamente relacionados coa crise ambiental e climática que vive a humanidade, causa da situación sanitaria actual. Ademais, tal e como mostran diferentes estudos, a COVID–19 pode permanecer durante tres días nas superficies plásticas, polo que a única solución é manter as medidas de hixiene e desinfección aconselladas pola Organización Mundial da Saúde.

Por este motivo, Alianza Residuo Cero reclama que se priorice a redución de residuos e os sistemas e envases reutilizables fronte ás falsas solucións de usar e tirar. É imprescindible apostar por novos modelos económicos viables ecoloxicamente, locais e resilientes.

Á súa vez animan á cidadanía para apostar por alimentos locais, frescos e saudables libres de plásticos, e lémbranlles que levar os seus propios envases aos comercios, sempre será máis seguro que os envoltorios de plástico de usar e tirar que pasaron por toda a cadea de produción e consumo.

***

La Alianza Residuo Cero forma parte de Zero Waste Europe, plataforma formada por 30 organizaciones de 24 países europeos. Según esta plataforma, se entiende por “Residuo Cero” el modelo de gestión de residuos que trata de emular los ciclos de la naturaleza en los que todos los materiales descartados para un proceso son necesarios para otro uso, de manera pragmática y a largo plazo. Residuo Cero significa diseñar y gestionar los productos y los procesos de manera que se reduzca el volumen y la toxicidad de los residuos generados, se conserve y se recuperen todos los recursos y no se quemen ni entierren. La implementación de modelos Residuo Cero eliminaría todas las emisiones al aire, agua y suelo que amenazan en la actualidad a la salud humana, animal, vegetal y planetaria.