• A crise do COVID-19 pon de manifesto a necesidade de apoiar un sistema alimentario máis sostible.
  • A organización ecoloxista arrinca unha petición para esixir unha Política Agraria Común con medidas que poñan ás persoas e a Terra no centro.
  • Piden reducir o consumo de carne e fortalecer as pequenas ganderías ecolóxicas e extensivas.

Hoxe 14 de maio, desde Amigos da Terra lanzamos unha petición online para modificar a Política Agraria Común (PAC), agora en proceso de revisión por parte dos Estados membros. No marco da campaña Menos carne, mellor carne, reclama ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que se contemple un sistema alimentario xusto e saudable, así como o apoio á gandería ecolóxica e extensiva, e unha moratoria á gandería industrial.

O modelo actual de alimentación, liderado por grandes empresas, caracterízase por establecer unha produción e consumo intensivos e a gran escala; unha das causas das crises ás que se enfronta a humanidade como a alimentaria, a climática, e agora tamén a sanitaria. A gandería industrial forma parte desta trama con impactos severos tanto na xeografía española como en países do Sur Global. A crise sanitaria puxo de manifesto a necesidade de contar con modelos alimentarios sostibles e resilientes, nos que se aposte pola proximidade, a agroecoloxía e favorecer a economía social, apoiando ás persoas que traballan o campo.

Na actualidade, os países da Unión Europea están negociando e revisando novas medidas para a PAC. Por este motivo consideramos que é o momento para introducir novos criterios de sostibilidade que garantan unha produción de carne de acordo aos límites planetarios e que aposte por modelos gandeiros agroecolóxicos. Para este fin é indispensable prohibir a gandería industrial. Asi, esiximos ao Goberno que inclúa estas propostas e sitúe ás persoas e ao planeta no centro do modelo alimentario.

Con esta campaña online de sensibilización e presión política, queremos facer un chisco a un consumo alimentario responsable, así como ás persoas que traballan en proxectos de gandería ecolóxica e extensiva. Na súa comunicación, a organización alude a “postura” tan habitual en redes sociais, neste caso a “postura da boa”, para mostrar alternativas e medidas das que a xente debe sentirse orgullosa, para así poñer en valor os beneficios dunhas políticas baseadas en Menos carne, mellor carne.

A gandería industrial é responsable dun bo número de impactos sobre o medio ambiente e as nosas sociedades, desde a degradación dos chans ou o uso masivo de tóxicos, ata o acaparamento de terras e o consecuente desprazamento de comunidades, entre outros. Doutra banda, a súa contribución á crise climática, coa emisión dun 14% das emisións de gases de efecto invernadoiro, as mesmas que as que provoca todo o transporte global, é cada vez máis coñecida. Á súa vez, caben destacar os seus efectos nocivos sobre a saúde; debido ao abuso de antibióticos no gando industrial, dáse un aumento nas resistencias microbianas das persoas, o que provoca que moitos antibióticos xa non sexan eficaces.

Nesta ocasión, centrámonos en destacar os beneficios dunhas políticas que promovan a redución do consumo de carne e aposten por unha gandería ecolóxica e extensiva. Así destacan que unhas medidas baseadas en “Menos carne, mellor carne” manteñen os nosos ecosistemas sans e vivos, respectando a natureza e os seus ciclos; contribúen á loita ante a urxencia climática; axudan a previr os incendios forestais; fixan poboación, ademais de favorecer o emprego no medio rural; respectan o benestar animal, e garanten a produción de alimentos de calidade.

Reclamamos ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que coide e protexa o campo e a alimentación, e que neste caso fágao apoiando proxectos de gandería ecolóxica e extensiva. Á súa vez anima á cidadanía a sumarse á petición e esixir unha revisión da PAC que contemple unhas políticas de consumo de acordo á capacidade ecolóxica da Terra.

Asina aqui:

https://www.tierra.org/menos-carne-mejor-carne-actua/