107 asociacións e colectivos presentan recurso de reposición no que se pide a suspensión cautelar das Ordes do 27 de abril e do 5 de maio polas que a Xunta dá luz verde á continuidade da tramitación administrativa de case 1000 proxectos industriais de grande impacto en pleno estado de alarma.

Tamén solicitan á Delegación do Goberno en Galicia que revise se estas disposicións se axustan a Dereito.

Máis dun cento de colectivos presentaron Recurso de Reposición fronte a Orde da Consellaría de Medio Ambiente, do 27 de abril, e fronte a Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 5 de maio de 2020 pola que se dá continuidade á tramitación de preto de 1000 expedientes administrativos durante o estado de alarma.

Este recurso foi presentado polo grupo de traballo denominado ALARMA AMBIENTAL GALEGA que nacía hai menos dun mes como resposta ao acordo do Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 (DOG deste 4 de maio) no que se aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Real Decreto que declarou o Estado de alarma. Posteriormente, a Xunta de Galicia ditou unha nova Orde a través da Consellaría Industria, que se publicou no DOG do 11 de maio, pola que non só se daba luz verde á continuidade da tramitación de centos de expedientes administrativos con forte impacto ambiental, senón que lexitimaba á Xunta para aprobar tales proxectos industriais de grande impacto.

Petición de suspensión cautelar das Ordes

As entidades recorrentes piden a suspensión cautelar de ambas Ordes da Xunta por contravir o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, polo que foi declarado o Estado de alarma, que estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

Porén, a Xunta aproveita esa excepcionalidade do Real Decreto para subverter a regra xeral, e atribuírlle tal carácter a preto de mil expedientes que, na súa maioría non son de interese xeral nin son indispensables ou estritamente necesarios para o funcionamento básico dos servizos públicos. Ademais, a Xunta intenta xustificar en abstracto ao alcance do interese xeral de ditas excepcións, cando debería telo feito expediente a expediente ou proxecto a proxecto. Por tanto, estas dúas ordes da Xunta estaríase deixando sen efecto as disposicións previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma relativa á suspensión dos prazos administrativos.

Menoscabo dos dereitos dos administrados

Esta situación resulta especialmente grave, cando aínda nos enfrontamos a unha seria crise sanitaria e a poboación continúa con a estar limitada para o desenvolvemento de moitas das súas actividades de forma normalizada. Tamén están limitados os movementos e posibilidades de organización veciñal para responder a proxectos industriais de tan grande impacto. Por tanto, mentres dure o Estado de alarma os dereitos fundamentais dos administrados sofrente un menoscabo e as persoas e colectivos temos menos posibilidades de exercer o control sobre a acción administrativa en materia de medio ambiente ou para evitar que dela se deriven ilegailidades.

Intervención da Delegación do Goberno

Así mesmo, as entidades recorrentes vimos de instar á Delegación do Goberno en Galiicia para que atenda a ditos recursos de reposición e revise pola súa banda se as ordes das consellarías de Medio Ambiente e de Industria da Xunta de Galiza se axustan ás disposicións do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, ou se pola contra as contraveñen.

Apoio social

O conxunto de 107 organizacións cidadás de toda Galicia, convertiuse nun movemento social importante que mostra a preocupación ante unha Xunta que parece que goberna de costas aos intereses dos seus cidadás e que lle está a pedir que rectifique.

Listado de plataformas, asociacións e colectivos que apoian este recurso:

A Rente do Chan-Pladever

AAVV 3 de maio

ADEGA

Agrupaçom de Montanha Águas Limpas (AMAL)

APEOM Outes

Arquitectura Sen Fronteiras Galicia

Asoc. galega Cova Crea

Asoc. Petón do Lobo

Asociación “Azos Feministas”

Asociación a Picouta, Trazo

Asociación Ambiental Senda Nova

Asociación Amigos da Terra

Asociación Corentena Producións

Asociación Cultural A Rula

Asociación Cultural Brisas do Quenllo

Asociación Cultural Festival das Brétemas

Asociación Cultural Lucerna – Cerceda

Asociación Cultural O Naranxo (Lalín)

Asociación Cultural O Quilombo

Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta

Asociación de Custodia do Territorio “Brexa”

Asociación de guías acreditados das illas atlánticas de Galicia AGAIAS

Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas

Asociación Educativa y Cultural Animales del Mundo, AECAM

Asociación Ekohuerta Agropuro

Asociación Hortas do Val de Feáns

Asociación O Ouriol do Anllóns, de Coristanco

Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico

Asociación para a defensa da natureza no Condado ADENCO

Asociación para o coidado da terra Carabel das Cabras

Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)

Asociación pola Defensa do Parque de Rosalía

Asociación Rexeneración Autóctona

Asociación Sociocultural Ecolectivo

Asociación Sustinea

Asociación Verdeval, do Val Miñor

Asociación Victimas de la Justicia

Asociación Xuvenil Comarea

Associaçom cultural A Gentalha do Pichel de Compostela

Axóuxere Editora

BRIGA – Organizaçom juvenil da esquerda independentista galega

Casalonga Limpa de Residuos

Central Unitaria de Traballadoras (CUT)

Centro Social Fuscalho da Guarda

Co-mando Ghichas (Val Miñor)

Colectivo Arroutada

Colectivo Capitán Gosende

Colectivo Ecoloxista do Salnés

Colectivo Portalén de Terra de Montes

Colectivo Terra de Pontedeume

Colectivos en Loita

Comisión de Asociación contra as minas da terra Cha

Comisión de seguemento da minaría e defensa do rural Frades e Mesía

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Comité de Defensa de las Rìas Altas

Comunidade de montes de mancomún de Tameiga

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Tameiga

ContraMINAcción

Corrente Vermella

Ecoloxistas en Acción Galiza

Epona Terra

Federación Ecoloxista Galega

Foro Social de Cangas

Fridays for future A Coruña-Ferrol

fridaysforfuture Teo

Fundação Montescola

Fundación Galicia Verde (Leboso-Forcarei)

GEAS, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes

Greenpeace

Grupo de Traballo A Eira do Ceesg ( Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia)

Instituto de Estudos Miñoráns, IEM

Instituto para la Monitorización Vecinal de Espacios Contaminado I.M.V.E.C.

Interior Galego Vivo

Lugo de cara ao Miño

Lugo sen Mordazas

Modepén Lugo

Modepen Morrazo (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas)

MPI( Mocidade pola independência)

Nais polo Clima Santiago de Compostela / Madres por el Clima

Plataforma A Auga é Vida

Plataforma Auga Limpa XA!

Plataforma de Afectados pola Destilería de Contimunde (Rois)

Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela – Miramontes

Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)

Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza

Plataforma non máis eólicos Campelo Bustelo

Plataforma pola convivencia ética coa fauna silvestre

Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños

Plataforma pola recuperación do Sar

Plataforma Quijote Outes

Plataforma rexeneration.net

Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non

Plataforma Vida e Ría ou Minaría

Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

Salvemos a Comarca de Ordes

Salvemos as fragas de Catasós

Salvemos Monteferro

Salvemos O Iribio

SGO, Sociedade Galega de Ornitoloxía

Sindicato Labrego Galego

Sinha PACA (Plataforma de Activistas Culturais e Artistas) de Redondela

Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins

SOS GROBA

Teo polo clima

USDG – Unión Sindical de Docentes de Galicia

Verdegaia

Xente do rural Ponteceso