Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Movemento Galego polo Clima en coordinación estatal  coas plataformas 2020 Rebelión polo Clima e Alianza polo Clima, realizarán ao longo de todo o territorio estatal unha serie de accións pola xustiza social e ambiental reclamando unha #TransformaciónXusta capaz de frear o incremento da desigualdade, o incremento da temperatura global, a expulsión da xente dos seus barrios, da sanidade e mesmo de condicións dignas de vida.

A crise sanitaria e económica xerada polo coronavirus puxo de relevo todas as contradicións do sistema social e económico imperante e, ao mesmo tempo, o tipo de medidas drásticas que poden tomarse ante un reto global como a  COVID–19 ou unha crise de efectos moito maiores como a ecolóxica.

Debido á situación sanitaria actual e co interese de garantir o mínimo risco, así como de evitar unha imaxe de aglomeración que sería contraria ao necesario exemplo nestes momentos, dispuxéronse medidas de prevención e hixiene como a limitación no número de asistentes ou a necesidade de delimitar os espazos para manter a distancia de seguridade.

Que? Concentración no Día Mundial do Medio Ambiente por unha saída xusta, social e ambienta, da crise sanitaria.

Cando? Venres 5 de xuño, ás 20:30 h.

Onde? accións en lugares emblemáticos de cidades e  vilas galegas: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Ribeira, Compostela, A Coruña, Lugo e Ourense

Tamén podes participar a nivel individual, dende a túa casa colocando cartaces ou pancartas con corazóns verdes que leven lemas en relación a esa recuperación xusta que necesitamos. 👉🏿DESCARGAR CORAZÓNS

Posteriormente as fotos difundiranse nas redes sociais baixo a etiqueta #XuntasPoloClima #TransformaciónXusta

+info: https://movementogalegopoloclima.wordpress.com/2020/05/29/5x-xustiza-climatica-xustiza-pola-terra-pola-xente/