Contamos con 600 pases para que un bo número de persoas poidades velo. O documental “A Historia do Plástico” narra a través dunha liña temporal como chegamos á crise actual de contaminación por plástico e como a industria do petróleo e o gas manipulou o discurso dos plásticos. Na película preséntanse diferentes iniciativas que loitan contra esta lacra, así como aos verdadeiros responsables da problemática, desde a extracción de combustibles fósiles ata a eliminación de plásticos, e a resistencia global.

Cando?

Cando máis che conveña! Desde hoxe luns, 8 de xuño, ata o domingo 14 podes visualizalo á hora que queiras.

 

Importante!

Iso si, agradecémosche que non pinches no link a non ser que xa vaias velo, xa que estarías gastando unha visualización.

 

Si queres poñer os subtítulos en castelán

Tes que ir ao botón de axustes, verás unha roda debaixo á dereita cando xa pulses o play, e darlle a CC, desa forma apareceranche os subtítulos en diferentes idiomas.

Documental: ¡¡aquí deixámosche o link!!

O documental, producido polo Proxecto “A Historia das Cousas” analiza a crise do plástico provocada polo ser humano e o efecto mundial que ten sobre a saúde do noso planeta e das persoas que o habitan. A película, que abarca tres continentes, ilustra a catástrofe: ecosistemas cubertos de lixo, montañas de lixo, ríos e mares obstruídos con refugallos, e ceos afogados debido ás emisións da produción e o procesamento do plástico.

A historia do plástico presenta entrevistas con persoas expertas e activistas en primeira liña de loita, que revelan as consecuencias de asfíxiaa por plásticos no noso planeta, envelnenando ás comunidades de todo o mundo, e móstrannos o movemento global que está xurdindo como resposta. Cunha atractiva posta en escena, material de arquivo da industria a partir da década de 1930 e relatos en primeira persoa da urxencia, a película aborda as solucións a este problema tan complexo que afecta cada vez máis ao benestar do planeta e a xente.

 

Non o perdas!