O Tratado da Carta da Enerxía (TCE) representa un gran obstáculo para lograr unha acción rápida e eficaz fronte á crise climática e ambiental. Este tratado pouco coñecido da década dos 90 protexe os investimentos no sector enerxético e outorga inmensos privilexios ás multinacionais e inversores estranxeiros.

A industria dos combustibles fósiles xa o está utilizando para demandar aos Estados e socavar a transición enerxética cara a un futuro libre de petróleo, carbón, gas e enerxía nuclear.

 

A acción climática, a protección ambiental e as políticas de transición xusta nunca foron máis urxentes. Con todo, o TCE reduce a capacidade dos gobernos para levar a cabo medidas de interese público valentes e urxentes. Si non abandonamos este tratado, os gobernos e a sociedade civil pagarán un alto prezo.

 

Podes consultalo informe aquí >>>

 

10 MOTIVOS POLOS QUE A UE E OS GOBERNOS DEBEN ABANDONAR O TRATADO DA CARTA DA ENERXÍA

  1. Protexe e promove o uso de combustibles fósiles
  2. Axuda á industria de combustibles fósiles a debilitar a acción polo clima
  3. Non ten obxectivos climáticos coercitivos
  4. Non é compatible cos compromisos da UE e dos gobernos
  5. Pode dificultar o progreso das enerxías renovables
  6. Obstrúe a protección ambiental
  7. Obriga aos contribuíntes a pagar os custos dos grandes contaminadores
  8. É un obstáculo para unha transición xusta e un sistema enerxético controlado democraticamente
  9. Exportará un modelo de enerxía sucio a todo o mundo
  10. A reforma está condenada ao fracaso