Recentemente a ONU lanzou un novo informe no que analiza cales son os riscos ante posibles futuras pandemias e que medidas adoptar para frealas.

Nacións Unidas identifica 7 causas que favorecen a tendencia ao alza en transmisión destas enfermidades, entre elas a excesiva demanda de proteína animal, o aumento da agricultura intensiva e insostible, a explotación da vida silvestre e a crise climática.

Á súa vez establece 10 medidas prácticas que os países deberían adoptar para evitar que se desenvolvan novas pandemias, concluíndo que é necesario adopta o enfoque “dunha soa saúde”: a saúde humana, animal e ambiental como a mellor forma de previr futuras pandemias.

Desde Amigos da Terra consideramos que neste contexto actual de crise sanitaria, social e ecolóxica á que nos enfrontamos, adquire unha importancia vital apostar por un modelo de produción e consumo alimentario saudable, que respecte o medioambiente e a biodiversidade e que aposte pola creación de emprego que coide ás persoas e ás contornas naturais.

Os gobernos teñen a responsabilidade de promover un sistema alimentario que garanta un uso sostible da terra, reducindo a produción industrial de carne nos países do norte global e apostando pola promoción de modelos máis respectuosos coa terra e a biodiversidade, como a gandería extensiva e a produción agroecolóxica de alimentos.

Neste sentido, emprazamos ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, MAPA, a que aproveite o proceso actual de elaboración da PAC para que impulse un modelo de produción de carne que mitigue os efectos da urxencia climática, sexa beneficiosa para a biodiversidade e aposte por un mundo rural vivo. O modelo actual de alimentación, liderado por grandes empresas, caracterízase por establecer unha produción e consumo intensivos e a gran escala; unha das causas das crises ás que se enfronta a humanidade como a alimentaria, a climática, e agora tamén a sanitaria.

Con este fin puxemos en marcha unha campaña de petición de firmas para esixir un novo modelo alimentario xusto e saudable coas persoas e o planeta. Si aínda non o fixeches anímate, coñece a campaña e sumate!