Presentámosvos o boletín de “Composta en Red” número 42, un boletín imprescindible para quen queira estar ao día do que se está a facer na compostaxe descentralizada e a correcta xestión da materia orgánica.

Neste número temos a honra de estar presentes en tres dos artigos:

  • REVITALIZA, Deputación de Pontevedra. Logros 2016-2019. Non aparecemos explicitamente pero en 4 dos concellos máis avanzados a promoción, formación e o seguimento da compostaxe doméstica foi responsabilidade de Amigas da Terra.
  • “Compost on the Road II: Compostece, que no es poco”. Neste percorrido polas experiencias a nivel estatal de compostaxe doméstica e comunitaria, fixeron unha paradiña para facerlle unha entrevista a nosa compañeira María Durán (pax 17).
  • Artigo propio sobre os Cursos de Mestría en Compostaxe (“Conocimiento y empleo se dan la mano en un sector en crecimiento”, páxina 25): no que narramos que foi o que nos levou a impulsar esta iniciativa e os obxectivos que buscamos.

O boletín podedes descargalo dende o seguinte enlace:

http://compostaenred.org/documentacion/Boletines/Boletin42_CompostaenRed_septiembre20.pdf