O 8 de setembro celébrase o Día das persoas cooperantes. A data, elixida en 2006, corresponde co día que os dirixentes da maioría dos países do mundo aprobaron no 2000, na sede das Nacións Unidas, a Declaración do Milenio, unha alianza mundial para “reducir os niveis de extrema pobreza”.

Este 2020 a data ven marcada polas consecuencias da Covid-19. Dende hai tres meses, o foco da
pandemia está en América Latina e tamén avanza en África, territorios afectados cronicamente
pola pobreza, as desigualdades e con sistemas de saúde precarios. Algúns deles son países prioritarios para a cooperación galega onde as ONGD traballamos man a man xunto ás organizacións locais para melloras as condicións de vida da poboación.

Dende  a Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento percorremos 5 países da man de cooperantes que están traballando xunto á sociedade civil e as poboacións máis vulnerables. Como demostrou a COVID-19, traballar para mellorar a situación doutros lugares do planeta supón contribuír ao benestar global.

 

Aqui tedes o testemuño de  Tomás Pardo, representante de Amigos de la Tierra-España en Nicaragua

Nicaragua ven dunha situación sociopolítica moi complicada nos últimos anos: o conflicto do 2018 deixou un país con moitas dificultades tanto a nivel social como económico. Esta nova crise pondrá nunha posición moi difícil a moita xente que xa se atopaba en situación de vulnerabilidade.

Agora máis que nunca é imprescindible potenciar é solidaridade internacional que permita apoiar és organización locais que están a levar procesos enfocados a paliar as consecuencias da crise, principalmente a reforzar o sistema de saúde, na recuperación do tecido productivo local e enfocadas é seguridad alimentaria da poboación.

En Nicaragua por parte do goberno non se tomou ningunha medida oficial para restrinxir a mobilidade ou chamar ao confinamento da poboación durante a pandemia. Ainda así, dende finais de marzo ate xuño limitamos actividades en terreo. Os proxectos coas organizacións locais actualmente están enfocados a garantizar a seguridade alimentaria nas comunidades dende a agroecoloxía. Tamén, a mellorar medios de vida traballando con cooperativas tanto agrícolas como de pescadores/as, sempre orientados á conservación dos recursos naturais da zona.

Contrapartes coas que traballan: Instituto de Promoción Humana de Somoto -INPRHU Somoto, Fundación LIDER, Fundación entre Volcanes, Universidad Nacional Agraria (UNA), Universidad Nacional Autónoma de Nicaragua en León (UNAN León)